Prosegue en Rianxo o Ciclo de Primavera co Cuarteto MarAslens (este venres) e o Orfeón Terra A Nosa (este sábado)

21 Abril 2026

O Ciclo Primavera de concertos de música do Concello de Rianxo depáranos esta semana dúas citas relevantes: unha (o venres) co Cuarteto MarAslens e outra (o sábado) co Orfeón Terra A Nosa.

O concerto deste venres 24 de abril virá da man do Cuarteto MarAslens, formado pola soprano noiesa Esperanza Mara (voz e chelo) con Juanma Varela (piano), Fernando Docampo (violín e instrumentos de sopro) e Luís Sanmartín (percusión e batería). Dará comezo ás 20.30 horas e a entrada será de balde até completar a capacidade do aforo. A recollida de convites poderá facerse dende unha hora antes da función (máximo 2 por persoa).

Na cita do sábado 25 de abril será o Orfeón Terra A Nosa a agrupación que ofreza un recital, coincidindo co seu 60 aniversario. A entrada será de balde e os convites poden obterse dende unha hora antes da función (máximo dous por persoa). O Orfeón interpretará obras do século XIX de compositores como Mercadante, Zingarelli, Arriaga, Puccini ou Donizetti.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.