O Concello de Ribeira inicia este martes as obras da rúa Miguel Rodríguez Bautista (faranse en dúas fases)

20 Abril 2026

O Concello de Ribeira informa de que este martes, 21 de abril, comezan as obras de mellora do pavimento na rúa Miguel Rodríguez Bautista. Debido que se vai ter que pechar ao tráfico rodado, as obras executaranse en dúas fases para minimizar o impacto na circulación, comezando no tramo
comprendido entre a praza do Centenario e o cruce que dá acceso a rúa Canarias. Inicialmente está previsto que o corte de circulación dure dous días en cada un dos treitos.

Durante a actuación, prohibirase a circulación de vehículos pesados como camións e autobuses en toda a vía, xa indicado dende a rotonda de Padín cara rúa Lepanto e na rotonda cara a rúa Alcalde Fernández Bermúdez.

O Concello sinala que “existirán alternativas de circulación polo centro urbano para turismos, que serán indicadas mediante a correspondente sinalización vertical”. Así mesmo, recoméndase “na medida do posíbel o uso doutras rutas para evitar que se produzan retencións”.

Os turismos que cheguen dende Alcalde Fernández Bermúdez terán que desviarse cara a praza do Concello ou avenida da Constitución.
Tamén se permitirá, en todo momento, o acceso dende aquí ao aparcamento do Centenario e aos garaxes de Otero Pedrayo.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.