Ana Alvite (Ribeira) liderará as Xuventudes Socialistas

22 Abril 2026

Ana Alvite García, enfermeira de 25 anos de idade natural de Ribeira, será a nova secretaría xeral das Xuventudes Socialistas da Galicia (XSG) logo de pecharse este luns 20 o prazo para presentar candidaturas e ser a súa a única proposta achegada. Alvite, que a día de hoxe é secretaria de Benestar e Políticas Sociais nas Xuventudes, comezará a partir deste mes unha rolda de contactos polas agrupacións para debullar o seu proxecto e atender á militancia. Alvite substitúe no seu cargo a Xurxo Doval como secretario xeral, que abandonará a dirección das Xuventudes Socialistas antes do verán.

Ana Alvite concorreu como número 2 na lista do PSdeG ás municipais en Ribeira, acompañando a Francisco Suárez-Puerta. A súa candidatura presentouse co epígrafe É agora e fixo fincapé na defensa dos servizos públicos (sanidade, educación, etc), na igualdade ou nas medidas que solucionen os problemas da cidadanía para acceder a unha vivenda. Tamén avogou pola protección dos recursos naturais galegos e da súa lingua.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.