O Concello e Boiro leva a cabo cursos de formación en manexo de desfibriladores para persoal municipal

22 Abril 2026

O Concello de Boiro está a levar a cabo cursos de formación en RCP (Reanimación Cardio-Pulmonar) e manexo dos desfibriladores para persoal municipal que desenvolve a súa actividade laboral en centros equipados cun DESA (Desfibrilador Externo Semiautomático). O alcalde José Ramón Romero, e o concelleiro, Roberto Lojo, estiveron cos participantes.

Trátase de cursos de reciclaxe para o persoal que xa contaba con esta formación; así como cursos de formación para novos traballadores e seguir así ampliando o persoal que conta con estas competencias.

Son cursos teórico-prácticos impartidos por persoal cualificado e que certifica aos participantes de que contan con esta formación específica.

O Concello de Boiro conta cun total de 16 desfibriladores en distintas instalacións municipais como son a Casa Consistorial, instalacións deportivas e centros sociais.

Segundo explicaron fontes do Goberno local, “todos os aparellos propiedade do Concello de Boiro están dados de alta no 061 e dotados con todo o material necesario para facer unha reanimación en caso dunha parada cardiorrespiratoria tanto en persoas adultas como en nenos e nenas”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.