O Hospital do Barbanza e o Clínico de Santiago súmanse á celebración do Día do Alzhéimer

21 Setembro 2026

A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza quere sumarse á concienciación para a prevención no Día Mundial do Alzhéimer que se celebra cada 21 de setembro e faino unto a AGADEA. A Asociación Galega desta Enfermidade puxo mesas informativas nos hospitais Clínico e no Barbanza, que foron visitadas por representantes da dirección e do servizo de neuroloxía.

Segundo lembran dende a Área, en Galicia hai preto de 36.000 pacientes con demencia e ao “ser unha enfermidade idade-dependente, o seu número está a incrementarse (prevese que nos próximos anos aumente un 30%)”.

De feito, cada ano diagnostícanse 5.700 pacientes novos con demencia na nosa comunidade, segundo datos da Sociedade Galega de Neuroloxía.

A Unidade de Neuroloxía Cognitiva do Servizo de Neuroloxía da área Sanitaria de Santiago-Barbanza atendeu, o pasado ano, 1.800 pacientes con sospeita de deterioración Cognitiva dos que 300 teñen enfermidade de alzhéimer, e realiza seguimento a preto de 2.800 pacientes ao ano. “Aínda que as cifras son moi variábeis segundo a área estudada, o DCL vese no 25% da poboación anciá e só nun 10% destes pacientes son os síntomas iniciais dunha demencia”, informan dende a Área, lembrando que “malia ter transcorrido máis dun século dende a súa descrición, a causa da enfermidade de alzhéimer non se coñece, pero, con todo, identificouse que un depósito anormal dunha proteína (amiloide beta) no interior das neuronas é un factor crave na evolución da enfermidade, iniciando probablemente procesos inflamatorios que levan á aparición e/o á progresión dos síntomas”.

A herdanza explica unha porcentaxe mínima de casos. É máis frecuente en mulleres nunha relación 2:1 e identificáronse factores de risco que son evitábeis: traumatismos craniais, obesidade, sedentarismo, diabetes, hipertensión, alcol e o tabaquismo. Tamén poden influír outros factores como o illamento social, a depresión, a xordeira e a ausencia de exercicio intelectual (lectura, escritura, traballos manuais, viaxar, aprender idiomas, etc.).

Dende o SERGAS sinalan que o diagnóstico da enfermidade é clínico e esixe desbotar procesos cerebrais que poidan explicar os síntomas do paciente. O progreso da atrofia cerebral en estudos de neuro-imaxe (TAC e/o RM cerebral) xunto coa Tomografía de Emisión de Positróns (PET) permiten excluír outras enfermidades e demostrar a hipoactividade da cortiza cerebral polo que se consideraron de gran utilidade no diagnóstico inicial do proceso.

Nos últimos anos, o estudo do líquido cefalorraquídeo (que esixe unha punción lumbar) permite unha confirmación diagnóstica máis precisa ao demostrar alteracións dos niveis das proteínas relacionadas coa evolución do proceso (beta amiloide e tau). Na actualidade estase a realizar a medición destas mesmas proteínas en sangue, o que evita a realización dunha punción lumbar que habería que repetir en caso dun resultado dubidoso.

Non existe tratamento curativo e a eficacia dos fármacos actualmente dispoñíbeis é limitada conseguindo nalgúns casos retardar a progresión da enfermidade.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.