Volven en Boiro os encontros veciñais “Un café co alcalde” este xoves en Moimenta

21 Setembro 2026

O Concello de Boiro retoma os encontros veciñais Un café co alcalde nos que o alcalde, José Ramón Romero, e membros do Goberno local se reúnen coa veciñanza das distintas parroquias para atender as principais demandas e solicitudes.

Esta segunda volta de encontros comezará en Moimenta o vindeiro xoves 24 de setembro ás 20.00h na Casa dos Veciños.

Con estes encontros búscase ter un contacto máis directo coa cidadanía e dar a oportunidade aos veciños e veciñas de que trasladen as súas peticións e demandas sen necesidade de ter que desprazarse ao Concello. Estas xuntanzas pretenden servir como complemento das xuntanzas veciñais que o alcalde e demais concelleiros e concelleiras manteñen semanalmente de xeito individual.

Imaxe de arquivo dunha xornada celebrada en Cabo de Cruz

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.