A Pobra celebra o Día do Libro cunha “solta” de exemplares polo municipio

21 Abril 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal conmemorará o Día Internacional do Libro cunha xornada pensada para todos os públicos e organizada co obxectivo de fomentar a lectura entre a veciñanza que se levará a cabo este 23 de abril.

Así o destacou a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, durante a presentación da iniciativa. A edil asegurou que se trata dunha  “maneira de celebrar esta data e promover que a xente lea, xa que na actividade repartiranse diferentes exemplares de varias categorías e para todas as idades”.

A encargada da Biblioteca Municipal, Loló Fernández, foi a encargada de explicar polo miúdo a programación, que dará comezo ás 16.00 horas coa “solta de libros”, que se desenvolverá por distintos puntos do municipio. Fernández incidiu en que os exemplares poderán atoparse en lugares emblemáticos, algúns deles vencellados á literatura.

Os libros estarán dirixidos a público infantil, xuvenil e adulto, co obxectivo de chegar a todos os públicos. Para participar, as persoas interesadas deberán achegarse previamente á Biblioteca Municipal, onde se lles entregará unha pista por unidade familiar que lle axudará a atopar o libro.

Con esta iniciativa, búscase converter a celebración deste día nunha experiencia “participativa”, na que “contemos coa colaboración de moitos veciños e veciñas. O ano pasado tivo bastante éxito, por iso este ano quixemos repetir aumentando o número de exemplares e ofrecendo diferentes categorías”, concluíu a edil.

Os exemplares que non sexan atopados levaranse de volta á Biblioteca.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.