A ARE de Rianxo celebra este mércores o acto final da súa innovadora campaña PremiARE

20 Abril 2026

A Asociación Rianxeira de Empresas (ARE) celebra este mércores 22 de abril o acto final da campaña PremiARE, unha iniciativa de dinamización comercial que ao longo dos últimos días promoveu o consumo no comercio local de Rianxo a través de accións participativas.

A xornada terá lugar na praza Castelao, coincidindo co día de mercado, co obxectivo de aproveitar a afluencia de público e reforzar a actividade comercial na vila. Durante a mañá, haberá animacións polas rúas, contribuíndo a xerar ambiente e atraer á veciñanza cara á zona comercial.

O punto central da xornada será o panel temático de flores, no que as persoas participantes poderán xogar presentando os seus tíckets de compra realizados nos establecementos asociados durante a campaña. Cada flor agocha unha pregunta relacionada con Rianxo e o seu comercio, permitindo avanzar niveis e conseguir diferentes premios.

A ARE explica que “a dinámica combina coñecemento, participación e un compoñente lúdico, ofrecendo unha experiencia diferente que busca implicar á cidadanía e facer máis atractiva a compra no comercio local”.

Entre os premios inclúense diversos agasallos promocionais, así como vales de compra para consumir nos negocios da vila, reforzando o impacto directo da campaña no tecido comercial.

Con esta acción final, a ARE culmina a campaña PremiARE cunha proposta que “aposta por levar a actividade á rúa, dinamizar os espazos públicos e poñer en valor o papel do comercio de proximidade, coincidindo cun dos días de maior movemento en Rianxo como é o día de mercado”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.