O Concello de Boiro e Fundación ONCE traballarán en inclusión e accesibilidade

22 Abril 2026

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo, participaron na mañá deste martes 21 de abril na constitución da comisión de seguimento do convenio entre o Concello de Boiro e Inserta Empleo.

Na xornada, que tivo lugar nas instalacións da Fundación ONCE en Madrid, analizáronse as principais liñas de traballo que marca o convenio como son accións en materia de inclusión laboral e formativa co obxectivo de impulsar as oportunidades reais de inclusión; así como medidas de deseño de espazos e servizos con accesibilidade universal.

Ademais da xuntanza da comisión, realizaron unha visita polas instalacións de Talento Digital, un programa de formación permanente en competencias dixitais e profesións tecnolóxicas; así como pola sala de innovación EspacIA, un espazo dedicado á innovación e á accesibilidade para o deseño de produtos e servizos que teñan en conta as necesidades de todas as persoas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.