O Concello de Ribeira inicia as obras de mellora da rúa Miguel Rodríguez Bautista

21 Abril 2026


O Concello de Ribeira continúa mellorando as vías do municipio co inicio das obras na rúa Miguel Rodríguez Bautista; unha das principais arterias de acceso ao centro urbano que se suma á actuación que xa se está acometendo na contorna da Casa Consistorial. O investimento sitúase nos 62.553,84
euros, IVE incluído, no marco do POS+2025, resultando adxudicataria a empresa Nemesio Ordóñez, S.A.

As obras execútanse en dúas fases para minimizar o impacto na circulación, intervindo primeiramente no tramo comprendido entre a praza do Centenario e o ramal que dá acceso á rúa Canarias. Esta actuación permite mellorar a seguridade viaria desta estrada mediante a renovación do firme actual da calzada, pavimentándoa cunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de seis centímetros de espesor. Para iso, primeiro procederase co corte e fresado do actual pavimento; o estendido da capa de mestura bituminosa en quente con adecuación das tapas de rexistro á nova rasante; e o pintado de sinalización horizontal, a realizar todo no prazo dun mes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...