O Concello de Boiro contará cunha pantalla xigante na praza de Galicia o vindeiro domingo 19 de xullo para ver a final do Mundial de Fútbol que xoga en Nova York a selección española contra Arxentina, a partir das 21.00 horas. Haberá animación musical antes e despois...
Rianxo tamén contará con pantalla xigante para ver a final do Mundial de Fútbol
As Juadalupeñas Rianxo, coa colaboración do Concello, van instalar unha pantalla de gran formato para permitir a veciños e visitantes desfrutar do partido España - Arxentina deste domingo pola noite: a final do Mundial de Fútbol 2026. A actividade comezará a partir...
Comeza a instalación da estación da bicis eléctricas do paseo marítimo de Rianxo
O Concello de Rianxo comezou a instalación da estación de carga das bicicletas eléctricas coas que contarán en breve os usuarios deste tipo de mobilidade limpa no municipio, no paseo marítimo. O servizo arrincará inicialmente con seis bicicletas eléctricas que estarán...
O MUGART recibe a visita dunha delegación do Kunstsammlungen & Museen Ausgburg
Unha delegación alemá das coleccións e museos do Kunstsammlungen & Museen Ausgburg visitou este venres 17 de xullo o Museo do Gravado de Artes, onde estivo acompañada do primeiro tenente de alcalde de Ribeira, Vicente Mariño; da concelleira de Cultura, Ana...
Porto do Son viaxa ao pasado con tres días de cultura, historia e espectáculo na Feira Celta 2026
Porto do Son converterase unha vez máis nun auténtico poboado celta coa celebración da Feira Celta 2026, unha cita xa consolidada no calendario festivo do verán galego que convida a veciñanza e visitantes a mergullarse na cultura e nas tradicións da época. A...
A Pobra instalará unha pantalla xigante para seguir a final da Copa do Mundo de fútbol
O Concello da Pobra do Caramiñal convida á veciñanza e ás persoas visitantes a vivir de forma colectiva a final da Copa do Mundo de fútbol, que poderá seguirse este domingo, 19 de xullo, nunha pantalla xigante instalada na Praza Alcalde Segundo Durán. A cita dará...
O I Trofeo Concello de Boiro recada 1.650 euros en beneficio da nena Daniela Otero
O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na mañá deste venres 17 de xullo na entrega do cheque coa recadación do Trofeo Concello de Boiro a Daniela Otero Piñeiro, unha nena de boirense de 7 anos e que padece unha enfermidade rara q non ten nome. No acto...
A Pobra aproba inicialmente uns orzamentos de 10,5 millons que reforzan os servizos públicos e reducen a débeda
O pleno extraordinario da Corporación celebrado este venres 17 de xullo no Concello da Pobra do Caramiñal aprobou inicialmente o proxecto de orzamentos municipais para o exercicio 2026, nunha sesión convocada exclusivamente para o debate das contas municipais. A...
Adiado en Ribeira o obradoiro para coidadores familiares e profesionais
O Concello de Ribeira informa de que se adía ata novo aviso o taller de coidados titulado Incontinencia, hixiene e protección destinado a coidadores familiares e profesionais do ámbito sanitario. Os motivos deste aprazamento son alleos á Administración local e, unha...
A programación estival de Turismo da Pobra do Caramiñal arrinca con éxito e encara unha intensa fin de semana de experiencias
A programación de verán da Concellería de Turismo da Pobra do Caramiñal, baixo o lema Vive a experiencia, xa está en marcha e "faino cunha excelente resposta por parte do público", segundo confirmou o Concello. A primeira das actividades, o Turismo Mariñeiro,...
O Concello de Noia reforza o seu apoio ao deporte local
O Concello de Noia continúa coa sinatura dos convenios de colaboración coas entidades deportivas do municipio no marco do programa municipal de axudas e subvencións ao tecido asociativo. Estas achegas concédense a partir do Plan Deportivo Anual presentado por cada...
Arrinca a XXVII Feira Medieval da Vila de Noia
O Concello de Noia compartiu estes días nas redes sociais o programa completo XXVII Feira Medieval da Vila de Noia, cuxo pregoeiro xa percorreu a vila estes días anunciando algunhas das actividades. Serán, en palabras do Concello, "tres días de música, campamentos,...
O PSdG unirá Bos Aires e Rianxo o 25 de xullo para reivindicar unha Galicia aberta
O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, intervirá desde Bos Aires no acto co que o partido conmemorará como é xa tradición o próximo 25 de xullo, o Día Nacional de Galicia en Rianxo, vila natal de Castelao. Así o anunciou este venres 17...
As Quincenas Fantásticas 2026 da ABE baten todos os récords nas súas primeiras dúas semanas con 2.353 participacións
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) celebrou este venres 17 de xullo o sorteo correspondente á primeira quincena da campaña Quincenas Fantásticas 2026, unha iniciativa de dinamización comercial que continúa consolidándose como unha das accións de maior...
O partido da final do Mundial visionarase dende a praza do Concello de Ribeira
Ribeira volverá contar cunha pantalla de grandes dimensións para seguir a España no Mundial; selección que disputará a final contra Arxentina no domingo, 19 de xullo, ás 21.00 horas. O visionado deste partido levarase novamente á praza do Concello. Nesta ocasión,...
O tempo o sábado 18, sol e calor e nubes e claros, risco de chuvascos polo mediodía cara o interior
Este sábado 18 de xullo, a influencia do anticiclón deixa un día fantástico de verán en toda a franxa suroeste de Galicia. O prognóstico detallado para as dúas zonas reflicte esa clara melloría: Rías Baixas Se estás a pensar en ir á praia, o sábado é un día perfecto...
A CRMH Barbanza reclama a retirada dos urinarios instalados na contorna do monumento ás vítimas do franquismo no porto de Ribeira
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza (CRMH Barbanza) emitiu un comunicado no que expresa a súa máis firme protesta e profunda indignación ante a recente colocación de urinarios públicos sobre o espazo que acolle o monumento en lembranza das...
Venres 17, continua a inestabilidade atmosférica con ceos nubrados e risco de chuvascos na zona de Santiago
A metade sur da comunidade gozará de máis claros a medida que avance a xornada, mentres que as temperaturas non experimentarán cambios significativos. Galicia continuará este venres baixo unha situación de certa inestabilidade atmosférica, segundo o prognóstico...
A parroquia de Aguiño buscou o amparo de Virxe do Carme neste 16 de xullo. Homenaxes tamén en Palmeira e Corrubedo.
Cada 16 de xullo conmemórase o día da Virxe do Carme, patroa da xente do mar; unha data con especial relevancia para os pobos costeiros como o de Aguiño que, neste ano, é festivo local para todo Ribeira. A parroquia viviu con especial emotividade a súa xornada grande,...
Os Premios Ramiro Carregal de Investigación Oncolóxica abren prazo para presentar candidaturas á súa XV edición
O Xurado dos premios Ramiro Carregal acaba de abrir a convocatoria para o XV Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica e para o VIII Premio a Talentos Emerxentes. Na reunión celebrada a pasada semana en Santiago de Compostela, o Xurado que...
Paco Nogueiras estará en Comoxo (Boiro) este sábado co espectáculo “C@nto contigo”
O lugar de Comoxo (Boiro) acolle este sábado 18 de xullo un espectáculo do músico multiinstrumentista Paco Nogueiras, que ofrecerá a rapaces e maiores o seu espectáculo C@nto contigo, a partir das 18.00 horas. C@nto contigo é un espectáculo onde Paco Nogueiras fai un...
A conselleira do Mar participa en Aguiño nas homenaxes á Virxe do Carme
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este xoves 16 de xullo pola mañá nos actos solemnes organizados na honra da Virxe do Carme na parroquia de Aguiño, en Ribeira. A responsábel autonómica, que estivo acompañada pola alcaldesa do municipio, María...
San Martiño de Noia ofrece Misas do Peregrino os domingos e festivos de xullo e agosto
A Igrexa Parroquial de San Martiño de Noia ofrecerá Misas do Peregrino todos os domingos e festivos dos meses de xullo e de agosto. Unhas celebracións que se celebrarán ás 9:00 horas e que incluirán non só a tradicional bendición dos peregrinos, senón que contarán co...
Viladomar suma a Rianxo tres novos murais
O festival Viladomar -Máis alá dos muros- pechou a súa edición de 2026 coa incorporación de tres novos murais ao museo ao aire libre que se constrúe en Rianxo desde 2018. As intervencións de Lula Goce, Alejandro Mosquera e Agustina Shuan parten de historias e símbolos...
Augas de Galicia contribúe a eliminar un vertido en Boiro
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, contribuíu a eliminar recentemente un vertido de augas residuais de carácter municipal no lugar de Cabo de Cruz, no concello coruñés de Boiro. O episodio foi detectado polo persoal do...
O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest como solista da gala de entrega do premio Portus Apostoli
José Antonio Domené nunha imaxe de Jerry Elefarte (no Noia Harp Fest) O arpista José Antonio Domené será o solista encargado de protagonizar a gala de entrega do Premio Internacional de Composición Portus Apostoli, o concerto que abrirá a 13ª edición do Noia Harp Fest...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Leer, la vida”. Alberto Barciela
Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...
“Unha patroa que exerce na habilitación e a ponte do barco” – Antón Luaces
Penso que non existe unha patroa ou patrón que esperte tanta devoción entre os mariñeiros galegos como a Virxe do Carme. E, sen embargo, na maior parte dos portos galegos non se lle tributa a homenaxe que lle corresponde debido a que na maioría das celebracións do Día...
“A dona do presidente do Goberno será xulgada por tráfico de influencias e malversación” – Antón Luaces
Begoña Gómez, esposa de Pedro Sánchez, presidente do Goberno, deberá comparecer diante dun xurado popular por dous delitos: tráfico de influencias e malversación. Esta é a decisión da Audiencia Provincial de Madrid que referenda parcialmente deste xeito a do xuíz...
“O reto do sector pesqueiro europeo ata o ano 2050 fica na descarbonización das frotas”- Antón Luaces
Achámonos arestora na conta atrás para que a Unión Europea dea a coñecer con todo detalle a súa folla de ruta para a descarbonización do sector pesqueiro e que este acade a neutralidade climática en 2050. Porque cando cheguemos á metade deste século, a pesca da UE...
“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago
A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...



























