Paco Nogueiras estará en Comoxo (Boiro) este sábado co espectáculo “C@nto contigo”

16 Xullo 2026

O lugar de Comoxo (Boiro) acolle este sábado 18 de xullo un espectáculo do músico multiinstrumentista Paco Nogueiras, que ofrecerá a rapaces e maiores o seu espectáculo C@nto contigo, a partir das 18.00 horas.

C@nto contigo é un espectáculo onde Paco Nogueiras fai un percorrido por cancións dos seus traballos Brinca Vai!, Radio Bulebule e Extra! sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido. Neste grandes éxitos hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos.

Paco Nogueiras chega acompañado dos seus instrumentos facendo un percorrido por un amplo abano de estilos musicais, dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.