Arrinca a XXVII Feira Medieval da Vila de Noia

17 Xullo 2026

O Concello de Noia compartiu estes días nas redes sociais o programa completo XXVII Feira Medieval da Vila de Noia, cuxo pregoeiro xa percorreu a vila estes días anunciando algunhas das actividades.

Serán, en palabras do Concello, “tres días de música, campamentos, xustas, artesáns, obradoiros, espectáculos e moitas historias da vila por descubrir”.

A XXVII edición da feira desenvólvese entre este venres 17 e o domingo 19 de xullo.

O programa inclúe novas recreacións históricas, espectáculos, obradoiros, animación e moitas sorpresas para converter o centro histórico noiés nun auténtico escenario medieval.

Unha das grandes novidades deste ano é que o Concello de Noia asume de novo a organización directa da feira, co obxectivo de “reforzar as recreacións históricas e os espectáculos de rúa”.

No programa destacan actividades como a recreación da chegada ao porto noiés no ano 1147 das naves británicas do monxe Arnulfo, que facían escala camiño de Santiago. Terá lugar no peirao do Marqués.

Amais, o paseo marítimo recuperará os tradicionais torneos medievais a cabalo, con novos contidos e personaxes.

Cóntase con máis de 200 postos en rúas e prazas: postos de artesanía, alimentación e demostracións de oficios tradicionais.

Haberá obradoiros en directo, xogos para os máis pequenos e espectáculos de animación teatral itinerante baseados en lendas locais.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.