“O reto do sector pesqueiro europeo ata o ano 2050 fica na descarbonización das frotas”- Antón Luaces

16 Xullo 2026

Achámonos arestora na conta atrás para que a Unión Europea dea a coñecer con todo detalle a súa folla de ruta para a descarbonización do sector pesqueiro e que este acade a neutralidade climática en 2050.

Porque cando cheguemos á metade deste século, a pesca da UE tanto na frota de pequena escala (artesanal) como nas de altura ou grande altura, deberán ter perfectamente definida a neutralidade climática, que é aquela que se acada cando as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) liberadas a atmosfera, se equilibran exactamente coas que se lle retiran. Esto xera un balance de cero emisións netas, obxectivo vital para limitar o quecemento global segundo o Parlamento Europeo. 

Lograr  o obxectivo de cero emisións  netas require unha redución significativa das emisións combinadas con accións de eliminación de carbono para compensar as emisións residuais. O coñecido como Pacto Verde Europeo é, polo tanto, acadar a neutralidade climática ou equilibrio de cero emisións netas para o ano 2050.

E deberá facerse desde a formulación de seis “rutas” que conducen desde un escenario de continuidade -ou medidas específicas- a unha alternativa con buques de nova construción totalmente descarbonizados con e-combustibles sintéticos producidos con electricidade renovábel, auga e CO2 capturado  no caso das frotas de altura e propulsión con baterías no da frota de pequena escala e biocombustibles para os que manteñan a propulsión con motores diesel. En cada un dos casos, se analiza o impacto acadado no que atinxe á redución de emisións e tamén o custe económico de logralo. Falamos de 25,5 mil millóns de euros no escenario máis ambicioso. Un reto transcendental para unha frota, a europea, que non pasa polos seus mellores momentos. Especialmente a galega. 

…

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.