“A dona do presidente do Goberno será xulgada por tráfico de influencias e malversación” – Antón Luaces

17 Xullo 2026

Begoña Gómez, esposa de Pedro Sánchez, presidente do Goberno, deberá comparecer diante dun xurado popular por dous delitos: tráfico de influencias  e malversación. Esta é a decisión da Audiencia Provincial de Madrid que referenda parcialmente deste xeito a do xuíz Peinado, que atribuía a Begoña Gómez catro delitos: os dous citados e os de corrupción nos negocios e apropiación indebida. A mesma Audiencia acordou devolver a Begoña Gómez  o seu pasaporte, após a retirada do mesmo polo maxistrado, quen lle prohibira saír de España amais de obrigala a comparecer dúas veces cada mes ante o xulgado, medidas que a instancia superior asimesmo anulou.

O xuíz Peinado da por rematadas as pescudas sobre a dona do presidente do Goberno. As defensas coidan que o xuíz Peinado non motivou dabondo a súa decisión. Malia todo, semellan  existir “indicios racionais de criminalidade” para seguir adiante contra Begoña Gómez polos dous delictos xa sinalados: tráfico de influencias e malversación, penados, respectivamente, con ata dous e catro anos de cadea.

O Goberno defende novamente a inocencia da muller de Pedro Sánchez baseándose en que se trata dunha denuncia falsa que parte de noticias asimesmo falsas cuxa única motivación é o acoso e a persecución da muller do presidente do Goberno. Esas mesmas fontes aluden a que esta “é unha causa política” iniciada após unha denuncia “falsa dunha organización ultradereitista para acosar e perseguir á muller do secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno”. 

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.