O Concello de Noia reforza o seu apoio ao deporte local

17 Xullo 2026

O Concello de Noia continúa coa sinatura dos convenios de colaboración coas entidades deportivas do municipio no marco do programa municipal de axudas e subvencións ao tecido asociativo.

Estas achegas concédense a partir do Plan Deportivo Anual presentado por cada entidade e contribúen ao desenvolvemento da súa programación deportiva ao longo de toda a tempada. Os convenios formalizados polo Concello incorporan un incremento das achegas municipais, “co que reforzamos o compromiso municipal co deporte de base e coa actividade deportiva que desenvolven estas entidades”, sinalaron fontes do Consistorio.

Nos últimos meses asináronse convenios con Club Baloncesto Noia, co Noia C.F. e co SKT Club Deportivo.

Ademais, no primeiro treito do ano formalizáronse acordos con co Club de Fútbol Sala Noia Portus Apostoli, a Fundación Romero Blanco Monroy, a Escola Feminina de Fútbol Sonoia Portus Apostoli, a Escudería Berberecho (responsábel do histórico rallie do mesmo nome) e o Club Trabandainas, unha das entidades do Barbanza que máis traballa por reivindicar as actividades ao aire libre e en plena natureza.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.