A parroquia de Aguiño buscou o amparo de Virxe do Carme neste 16 de xullo. Homenaxes tamén en Palmeira e Corrubedo.

16 Xullo 2026

Cada 16 de xullo conmemórase o día da Virxe do Carme, patroa da xente do mar; unha data con especial relevancia para os pobos costeiros como o de Aguiño que, neste ano, é festivo local para todo Ribeira. A parroquia viviu con especial emotividade a súa xornada grande, enmarcada na programación das
festas, e á que asistiu a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto ao concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes, e demais autoridades.

Primeiramente, oficiouse misa no templo parroquial, ás 11.30 horas, para despois saír en procesión terrestre e continuar coa comitiva polo mar a bordo dun catamarán para, á altura da Forcadiña, facer a ofrenda floral en recordo de tódolos que pereceron no mar. No periplo polas augas tamén participaron diversas embarcacións que quixeron render tributo á Estrela do Mar.

Homenaxe noutras parroquias

As parroquias de Corrubedo e Palmeira tamén ofician a súa homenaxe á Virxe do Carme con misa e procesión neste 16 de xullo. Na primeira, ás 18.00 horas, e, na segunda, ás 19.00 horas.

Cómpre lembrar que Ribeira dedicará o día á patroa da xente do mar no 1 de agosto, ao abeiro da axenda das festas do verán como xa é costume. A misa solemne será cantada pola Coral do Circuíto Mercantil de Ribeira, ás 18.30 horas, na lonxa nova. Despois, sairá a procesión marítima e terrestre coa actuación das Cantareiras de Amas de Casa de Ribeira, na lonxa, durante a comitiva por mar. No desenvolvemento deste oficio colaboran Alfaia e Amas de Casa.

Doutra banda, Castiñeiras fará o propio tributo durante os seus festexos patronais coincidindo coa penúltima semana de agosto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.