Venres 17, continua a inestabilidade atmosférica con ceos nubrados e risco de chuvascos na zona de Santiago

16 Xullo 2026

A metade sur da comunidade gozará de máis claros a medida que avance a xornada, mentres que as temperaturas non experimentarán cambios significativos.

Galicia continuará este venres baixo unha situación de certa inestabilidade atmosférica, segundo o prognóstico meteorolóxico. A xornada estará marcada polos ceos parcialmente nubrados en xeral, aínda que co paso das horas o mapa galego amosará dous comportamentos ben diferenciados.

Na metade sur, Rias baixas e sur do páis) do territorio, a nubosidade irá diminuíndo progresivamente, abrindo paso a máis claros co avance do día e ofrecendo un ambiente máis despexado de cara á tarde. Pola contra, na metade norte a situación será máis variable e inestable; prevese que durante a segunda metade do día se rexistren chuvascos illados e ocasionais.

Termómetros estables e vento en aumento no litoral

No que respecta ás temperaturas, os termómetros non experimentarán cambios significativos en comparación cos valores das últimas xornadas, manténdose estables tanto as mínimas como as máximas en toda a comunidade.(máximas 26 graos).

O vento soprará frouxo de compoñente norte na maior parte do interior de Galicia. Con todo, a situación será distinta no mar: a partir do mediodía agárdase que o vento arrecie ata acadar unha intensidade moderada no litoral atlántico, concretamente no treito comprendido entre os cabos de Fisterra e Silleiro.

meteogalicia

O noso mar; Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 3 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar rizado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.