Catro persoas resultaron feridas este luns tras chocar a lancha na que navegaban contra unha batea na ría de Arousa, fronte á costa de O Chazo, en Boiro. O sinistro produciuse ao redor das 18:30 horas, segundo informou o 112 Galicia, tras recibir a chamada dun...
A Xunta impulsa a construción de vivenda pública en Vilagarcía cun novo edificio en Marxión
O Consello da Xunta tomou razón hoxe da aceptación da cesión gratuíta dunha parcela situada en Marxión, ofrecida polo Concello de Vilagarcía, co obxectivo de construír un edificio de dez vivendas públicas. Esta actuación será executada a través da Sociedade de Vivenda...
O Consello da Cultura Galega inaugura a súa colaboración co Concello de Ribeira cunha xornada sobre os oficios do mar
O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, presentou o primeiro dos actos que levará cabo o Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello no marco do protocolo asinado o pasado 19 de xuño de 2025. Pérez Barral comunicou que esta xornada, “e a primeira da colaboración...
Sae de Baiona a peregrinación marítima máis numerosa da historia moderna: a V Roteiro Rías Baixas-Camino da Ría Muros Noia
Os 52 barcos que participan na V Roteiro Rías Baixas-Camino de Santiago da Ría de Muros Noia, o evento de navegación competitiva máis importante da costa atlántica, partiron na mañá deste luns 30 de xuño das instalacións do Monte Real Club de Iates de Baiona (MRCY)....
SEA adxudica parcelas nos parques de Cee, Muros e Vimianzo a Lidl, Gadisa e Proxectos Climáticos de Galicia
A sociedade estatal Solo Empresarial do Atlántico (SEA) celebrou este 30 de xuño unha xunta de accionistas e, a continuación, un consello de administración nos que participaron a conselleira e directora económica financeira de SEPES, Belén Medina Cierco (por...
O PP propón no Senado que o Goberno adopte un plan de choque ante a falta de remuda xeracional no mundo do mar
O O portavoz do Grupo Popular no Senado na Comisión de Pesca, Manuel Ruiz Rivas, deu conta en Celeiro das iniciativas presentadas -algunha xa aprobada- na Cámara Alta a favor dos traballadores e do sector pesqueiro, tal e como “nos comprometemos cos representantes do...
Formoso compromete o apoio da Deputación para preservar o Pozo do Cachón, en Muros
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou o Pozo do Cachón, en Muros, para coñecer de primeira man o estado no que se atopa o histórico muíño de marea. A visita respondeu ao seu compromiso recente coa tenente de alcaldesa e concelleira...
O Concello de Ribeira alerta sobre perfís falsos que suplantan servizos de transporte público en redes sociais
O Concello de Ribeira, a través do concelleiro de novas tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta, informou á cidadanía da detección de perfís falsos na rede social Facebook que estarían a suplantar a identidade de servizos de transporte público en distintos concellos...
A Pobra correrá pola diabetes cunha carreira solidaria a favor da Asociación Anedia
A Pobra correrá pola diabetes. O municipio acollerá este sábado, 5 de xullo, a IV Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes. Trátase dunha proba que o concelleiro de Deportes, Eloy Sobrido, cualificou (na presentación celebrada este luns 30 de xuño) como “un clásico...
A provincia da Coruña conta este verán con 115 brigadas, 88 motobombas, 4 bulldozer e 2 helicópteros para combater os lumes forestais
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, presidiu este luns 30 de xuño a reunión do Comité Provincial da Coruña de Coordinación Policial contra os incendios forestais para a campaña de alto risco, na que tamén participou e a delegada da Xunta en Ferrol, Martina...
O BNG reclama ao Goberno unha investigación propia sobre o estado dos residuos radioactivos na Foxa Atlántica
O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar "con contundencia" a postura do Goberno fronte "ao grave problema ambiental que representa o cemiterio nuclear afundido na Foxa Atlántica, a uns 450 quilómetros da costa galega", unha postura que a agrupación galega...
Este mércores abre o prazo de inscrición de Xuventude na Rúa 2025, o programa de lecer estival para a mocidade de Porto do Son
O Concello de Porto do Son abre este mércores 2 de xullo, ás 9:00 horas, o prazo de inscrición da iniciativa Xuventude na Rúa 2025, unha alternativa lúdica, cultural e deportiva para a rapazada de entre 13 a 17 anos (nados/as do 2008 ao 2012) durante esta tempada...
A ABE lanza a campaña Quincenas Fantásticas para premiar as compras no comercio local este verán
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha a campaña estival Quincenas Fantásticas, unha iniciativa que busca dinamizar o consumo local durante o verán e premiar aos clientes que aposten polo comercio de proximidade. A campaña desenvolverase entre o 1 de...
A Escola de Música de Rois pecha o curso cun concerto cheo de talento e emoción
A Escola Municipal de Música de Rois celebrou este domingo 29 de xuño o seu concerto de fin de curso cunha gala na que se combinou o talento do alumnado, a entrega do profesorado e a emoción compartida entre familias e veciñanza. O acto, dirixido polo director da...
Regresa a Vigo o foro que conecta produtos do mar, tecnoloxía, negocio e sustentabilidade
Este xoves, 3 de xullo, a Sede Afundación de Vigo acollerá a segunda edición do Fórum do Peixe e de Produtos do Mar, unha xornada técnica organizada pola revista TecnoSEAFOOD de Interempresas Media co impulso de Abanca. O encontro reunirá a expertos, empresas e...
A Policía Local de Ribeira interceptou dous condutores ao volante tras ter inxerido sustancias estupefacientes
Durante a madrugada do venres ao sábado 28 de xuño, a Policía Local de Ribeira en colaboración coa Policía Nacional, interceptou a dous condutores cando transitaban pola estrada de maneira errática nos seus respectivos automóbiles na zona urbana de Ribeira. Unha de...
O Imserso abre o 1 de xullo o prazo para novas solicitudes de viaxes 2025/2026
O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) abrirá este martes, 1 de xullo, o prazo para presentar novas solicitudes de participación na tempada de viaxes 2025/2026, que contará cun total de *879.213 prazas e cuxo inicio está previsto para o mes de outubro. O...
Luns 30, tempo estable con sol e temperaturas altas
Este luns remata xuño cun anticiclón e con aire cálido en superficie, o que favorecerá unha xornada maioritariamente estable e soleada. Agárdanse ceos despexados en xeral, aínda que nas primeiras horas do día poderán formarse brétemas costeiras e néboas en zonas do...
Un cento de peregrinos por mar alcanzaron este mediodía a costa de Barbanza Arousa
Os peregrinos enrolados na experiencia El Camino a Vela chegaron este domingo 29 de xuño aos portos de Escarabote e Cabo de Cruz no concello de Boiro. A recepción realizouse no Club Náutico de Cabo de Cruz por parte do presidente de Barbanza Arousa, alcaldes, o...
Unha persoa ferida nun accidente de tráfico en Boiro tras saírse da vía
Unha persoa resultou ferida este sábado tras sufrir unha saída de vía na estrada*DP-1106, á altura de Abanqueiro, no municipio de Boiro. O accidente produciuse no punto quilométrico 2,600, cando o vehículo saíuse da calzada pola marxe dereita. Ata o lugar do sinistro...
Espectáculo náutico na ría de Muros e Noia na segunda xornada da Regata Ramiro Carregal Rey
O veleiro de Víctor Carrión non deu opcións ao resto da frota e recupera para Ribeira o Gran Trofeo Faro de Corrubedo Foto: Juan Caballero A ría de Muros e Noia foi o escenario dunha vibrante segunda xornada da XXV Regata Ramiro Carregal Rey, organizada polo Real Club...
O Boiro e o Montañeros, campións da Copa Deputación da Coruña de Fútbol 2025
Xogadoras e xogadores recibiron os trofeos de mans do deputado de Deportes, Antonio Leira, e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar, entre outras autoridades que asistiron ás finais. EMF Boiro e Atlético Coruña Montañeros proclamáronse...
As Illas Atlánticas promoveranse este verán como destino turístico Starlight con actividades gratuítas de observación astronómica
O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia ofrece este verán unha completa programación de actividades astronómicas co obxectivo de diversificar o seu uso público e dar a coñecer entre os seus visitantes unha parte destacada dos seus recursos naturais, como é o...
Peperetes-Nortemar e Bon III, únicos sobreviventes ao vento na primeira xornada da Ramiro Carregal Rey
Juan Caballero (texto e imaxes). Disputouse a primeira xornada da Regata Ramiro Carregal Rey – Gran Trofeo Faro de Corrubedo, que puntúa para a Copa Galicia de Cruceiros e organizada polo Real Club Náutico de Portosín, coa colaboración do Club Náutico Deportivo de...
A ría de Arousa énchese de velas na segunda xornada da Semana Galega da Vela
Outra gran xornada de competición en Vilagarcía. A Copa Xunta de Galicia – Semana Galega da Vela, proba que organiza a Real Federación Galega de Vela, disputou este sábado 28 a súa segunda xornada con máis de 200 regatistas pelexando pola tradicional cita arousá. Á...
Domingo 29, ceos despexados e temperaturas por riba dos 30 graos
Este domingo, San Pedro e San Pablo, continuaremos baixo a influencia do anticiclón, o que favorecerá unha xornada de tempo xeralmente estable. As primeiras horas do día estarán marcadas pola presenza de brétemas costeiras no litoral e bancos de néboa no interior, que...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Cine de barrio y su contexto” – José Antonio Constenla
Soy de la generación de los dos rombos, a los que sus padres mandaban a la cama cuando aparecían en la pantalla. Era la manera de la televisión de la época de advertir al espectador del contenido de escenas de sexo o violentas en las películas. Y cuando creíamos...
“No país da auga” – Xulio Xiz
Sabémonos habitantes dun país bañado por dous mares e tanta auga debaixo do chan que pisamos que en canto perforamos é difícil que non se atope o caudal desexado. E os ríos que a percorren pastoreados moitos deles polo Miño, son o noso maior signo externo de riqueza....
“Discrepancias na avaliación dos prexuizos derivados para a frota da prohibición de pescar nos Ecosistemas Mariños Vulnerábeis” – Antón Luaces
Dous anos e medio despois de que se confirmara o impacto económico provocado polo peche á pesca de fondo nos 87 Ecosistemas Mariños Vulnerábeis (EMV) en augas comunitarias do Atlántico -vixente desde outubro de 2022- que, desde aquela non volveron ser revisados pola...
“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo
España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...
“Claro de lúa para Ananda, a mellor voz galega da Radio en máis de 60 anos”. Antón Luaces
Eran as seis da mañá deste venres santo, 18 de abril de 2025 e, nun piano que tocaba Manuel Randulfe Jácome -pianista e compositor abeirado ao encoro dos Peares- no silenzo do mencer sereo dun Vigo vivo e constante, soaba o primeiro movemento da sonata...



























