Regresa a Vigo o foro que conecta produtos do mar, tecnoloxía, negocio e sustentabilidade

30 Xuño 2025

Este xoves, 3 de xullo, a Sede Afundación de Vigo acollerá a segunda edición do Fórum do Peixe e de Produtos do Mar, unha xornada técnica organizada pola revista TecnoSEAFOOD de Interempresas Media co impulso de Abanca. O encontro reunirá a expertos, empresas e entidades clave para abordar os principais retos da cadea de valor: desde o impulso ao consumo e a dixitalización, ata a sustentabilidade dos recursos e a captación de talento. A xornada combinará relatorios especializados, zona expositiva e intercambio profesional, reunindo á industria pesqueira e transformadora.

Na Sede Afundación (Abanca), e baixo o lema Do desafío á oportunidade: como impulsar a eficiencia e as vendas dun sector resiliente, esta xornada técnica dunha mañá de duración reunirá a profesionais da industria pesqueira e transformadora para poñer sobre a mesa as temáticas que realmente interesan para axudar ás empresas para converter a innovación en solucións reais, prácticas e tanxíbeis.

Cun programa dividido en tres bloques, a xornada abordará os tres retos principais: o aumento das vendas e as tendencias de consumo, a utilidade de novas tecnoloxías como a Intelixencia Artificial ou as altas presións na industria e a captación de talento na cadea de valor de produtos do mar.

Espazo para o networking e a exposición de novas tecnoloxías

Ademais, no II Fórum do Peixe e de Produtos do Mar os asistentes non só acoden a escoitar, senón tamén a tocar. Á axenda de relatorios súmase unha zona expositiva con innovación in situ: maquinaria de última xeración, solucións de rastrexabilidade, tecnoloxías de procesado, de envasado intelixente… Compañías líderes como Foss, Hiperbaric, Lomatec, Trevo Group, Multivac ou Grupo CIE exhibirán avances que están a revolucionar a industria auxiliar do mar. “Será unha oportunidade única para ver de preto cara a onde se dirixe o futuro do sector”, adianta a organización.

Contarase co apoio de ANFACO-CECOPESCA, Fedepesca, AZTI, CLUSAGA, Conxemar e a Plataforma Tecnolóxica Española da Pesca e a Acuicultura (PTEPA), que se suman ao impulso do Fórum, avalando a súa relevancia como evento estratéxico para o sector. O seu respaldo reforza o papel do encontro como motor de cambio, capaz de mobilizar a toda a cadea de valor e xerar propostas con impacto real na industria.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...