A ría de Arousa énchese de velas na segunda xornada da Semana Galega da Vela

29 Xuño 2025

Outra gran xornada de competición en Vilagarcía. A Copa Xunta de Galicia – Semana Galega da Vela, proba que organiza a Real Federación Galega de Vela, disputou este sábado 28 a súa segunda xornada con máis de 200 regatistas pelexando pola tradicional cita arousá.

Á primeira hora da mañá, o comité de regatas tratou de aproveitar a brisa do norte para comezar as probas de Optimist, ILCA 4 e 420, pero sen éxito. Finalmente, pasadas xa as doce do mediodía e cunhas condicións moi similares ás da primeira xornada, a frota escoitou o primeiro sinal de saída dunha xornada que se alongaría ata pasadas as 18.00 horas.

Foto de Clara Giraldo

En clase Optimist, con dúas probas máis na marcadora, Guillermo García do RCN Vigo continúa comandando a xeneral por diante de Hugo Iglesias, do RCN Rodeira, que é segundo, e de Rosa Rivero, do RCN Coruña, que ocupa a terceira praza e mantense como primeira muller da xeneral. Na división Sub13, Carla Teijeiro do RCN Sanxenxo continúa tamén como mellor clasificada na décimo quinta posición.

En ILCA 4 tampouco houbo cambios no máis alto do podio provisional e Alejandro Pérez, do RCN Vigo, segue primeiro con pleno de vitorias. Séguenlle en segunda e terceira posición, respectivamente, Ana Costas do RCN Rodeira –primeira en mulleres– e Lucía Díaz do CN Marina Coruña.

En clase 420, Luís Wizner e Celia de la Fuente, do RCN Vigo, que non competiron na xornada inaugural, anotáronse as tres vitorias parciais postas en xogo este sábado e colócanse como novos líderes da táboa. A segunda posición ocúpana agora Fernando Campos e Pablo Barreiros, dos clubs RCN Vigo e Sanxenxo, e terceiros son Fernando González del Castillo e Martín Seoane, do RCN Coruña.

En ILCA 6, a frota estreouse este sábado en competición con Martín Mijares, do CN Marina Coruña liderando cun punto de vantaxe sobre Bruno Iglesias, do CND Ribeira. Completa o podio Miguel Rey, do RCN Vigo, no terceiro caixón provisional.

Outro dos líderes que non deu opción aos seus rivais foi Jorge Maciel, do CV Playa de Oza, na clase Raceboard. Con tres primeiros postos anotados, Maciel lidera por diante do seu fillo Martín, que é segundo, e de Pablo Iglesias, que ocupa a terceira praza. Os tres compiten baixo a grímpola do CV Playa de Oza.

Na outra categoría de windsurf, Techno 293, Lindia Pousa, do RCN Rodeira, tamén brillou con tres vitorias e arrinca a Semana Galega á fronte da xeneral. Por detrás, o seu compañeiro de club, Marcos Dasilva, sitúase segundo e a terceira praza ocúpaa polo momento Patricia Teijeiro, do Liméns WSC.

Máis apertada está a xeneral da clase Vaurien, con Pablo e Isabel Cabello do RCN Vigo liderando cun só punto de vantaxe sobre os segundos clasificados, Adrián Gregorio e Antón Dopico do CVF As Pontes. Terceiros, pola súa banda, son os tamén vigueses Santiago e Teresa Cabello.

Dentro do porto, fronte á rampla do Centro Galego de Vela, competiu a frota de Radio Control, que este sábado celebraba a súa única xornada de competición. Cun total de nove probas completadas, a vitoria levouna Tomás Pérez do CN Boiro. Acompañáronlle no podio Luis Felipe Segura, do RCN Sanxenxo, e Juan Manuel Somoza, tamén do CN Boiro, segundo e terceiro respectivamente.

A clase Wingfoil foi a única que non puido competir, ao necesitar polo menos 11 ou 12 nós para poder “voar”, polo que a frota terá que esperar a mañá para inaugurar as súas marcadoras.

O domingo, Medal Race

Como xa vén sendo tradición na Semana Galega da Vela, a regata finalizará o domingo coa disputa das últimas probas de frota pola mañá e coa definitiva Medal Race pola tarde, ao redor das 16.00 horas, fronte ás inmediacións do Centro Galego de Vela.

A entrega de premios, programada para as 18.00 horas, será a encargada de poñer o broche final.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a XII Carreira Popular Concello de Rianxo

Julian Bustelo, alcalde de Rianxo, Julian Alcalde, Concelleiro de Deportes, e Ramón Villanustre, técnico de deportes, presentaron hoxe na Casa do Concello a XII Carreira Popular Concello de Rianxo, que se celebrará o vindeiro 31 de outubro. A proba está incluída no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.