“Claro de lúa para Ananda, a mellor voz galega da Radio en máis de 60 anos”. Antón Luaces

19 Abril 2025

Eran as seis da mañá deste venres santo, 18 de abril de 2025 e, nun piano que tocaba  Manuel Randulfe Jácome -pianista e compositor abeirado ao encoro dos Peares- no silenzo do mencer sereo dun Vigo vivo e constante, soaba o primeiro movemento da sonata “Claro de lúa”, de Beethoven. Foi un encargo moi especial que a locutora por excelencia da radio que faciamos en Galicia aló polos anos 70, Ananda Español Villar, fixera ao pianista para cando chegara o seu momento do adeus definitivo producido aos seus 96 anos após moitos de exercicio profesional en Radio Juventud de Galicia (A Coruña), en Radiocadena Española e RNE (tamén na Coruña). 

Daqueles anos 70 queda a lembranza inmorrente do programa “Galicia al alba” que Ananda Español e Manuel Jácome presentaban ao alimón desde as seis da mañá, de luns a venres. Velaí a explicación do porqué Randulfe interpretou no seu piano de Vigo a sonata “Claro de lúa” de Beethoven: Un breve ensoño para relembrar a unha amiga e compañeira -que tamén tocaba o piano, cantaba e declamaba coma poucos- que comezaba unha nova andaina no dial da radio celestial no que, ben seguro, compartirá experiencias radiofónicas con aquel outro excelente locutor e profesor da Estación Escola EFJ-11, Radio Juventud, compañeiro moitos anos nas noites de radio desde o edificio coruñés da Terraza.

Porque Ananda, mestra na dobraxe para a TVG de series coma “Dallas” ou “Falcon Crest”, entre outras moitas, daba o xoves santo o seu derradeiro “indicativo” de vida a carón dos seus fillos María e Paco.

Retirada oficialmente da banca, a radio, a docencia (no Conservatorio da Coruña) e a dobraxe, María Ananda Español Villar conservaba a voz, o dicir persoal que a identificaba e a perfecta dicción que daquela se esixía na radiodifusión española aos profesionais do medio, xunto a unha extraordinaria memoria que lle permitía lembrar os primeiros tempos da “súa” Radio Juventud da man de Quinito Tabernero na rúa Real, primeiro; na rúa Teresa Herrera despois e, finalmente, nos xardíns de Méndez Núñez, segundo andar do edificio da Terraza, onde a coñecín en febreiro de 1963 con, entre outros, Carlos Cortòn, José María Comesaña, Carmen Deus, Santiago Vilariño, Pachi Cristóbal, Maruchi Guzmán, Juan Guillín, Carlos Julio Beceiro, Pantaleón Bada, Pepín Couceiro, Jorge García Barros, etc.

Canta radio levas, Ananda!. E canta radio deixas nesta túa Galicia. Grazas polo teu exemplo e, sobre todo, por nos ensinar a amar con paixón o medio de comunicación por excelencia: a Radio ben feita.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.