Un cento de peregrinos por mar alcanzaron este mediodía a costa de Barbanza Arousa

29 Xuño 2025

Os peregrinos enrolados na experiencia El Camino a Vela chegaron este domingo 29 de xuño aos portos de Escarabote e Cabo de Cruz no concello de Boiro. A recepción realizouse no Club Náutico de Cabo de Cruz por parte do presidente de Barbanza Arousa, alcaldes, o director da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, a xerente da Mancomunidade, concelleiras e representantes do operador Northmarias.

Apoio da Mancomunidade

A Mancomunidade Barbanza Arousa apoia un ano máis a peregrinación xacobea a través da Ruta Mar de Arousa Río Ulla da experiencia El Camino a Vela.

Déronlle a benvida o presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa e alcalde de Rianxo, Julián Bustelo; os alcaldes de Boiro e A Pobra do Caramiñal; o director da Xestión do Plan do Xacobeo, Idefonso de la Campa; o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; a xerente da Mancomunidade, Fátima Cachafeiro; concelleiras e representantes de Northmarinas.

“Esta actuación responde á estratexia da Mancomunidade de desestacionalización da demanda e de mellorar a competitividade” apuntou o presidente de Barbanza Arousa.

Os peregrinos, na súa maioría procedentes de Francia, desfrutaron dunha visita guiada en Cabo de Cruz, co obxecto de que “coñezan o territorio e poidan converterse en prescriptores” manifestou Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade.

Asemade, José Ramón Romero, alcalde de Boiro, recalcou a “importancia para Boiro de dar a coñecer as posibilidades marítimas que ofrece este concello e o resto de Barbanza Arousa, con portos de primeiro nivel e recursos marítimos de gran potencial”.

Despois da visita guiada realizouse a recepción institucional e posterior cea con produtos de Barbanza Arousa, poñendo en valor o produto fresco e en conserva, maridados con viños da IXP Terras do Barbanza e Iria.

Idefonso de la Campa, director do Xacobeo, subliñou a importancia do Camiño de Santiago para Galicia como produto consolidado.

Asemade, Cesáreo Pardal, aproveitou a ocasión para agradecer as iniciativas que, coma esta, potencian Galicia no eido internacional.

A cea realizouse na terraza do establecemento Ronsel, emprazado no Club Náutico de Cabo de Cruz, a cargo do cociñeiro Alberto Carou, concesionario das instalacións.

A travesía El Camino a Vela realízase en grupo para dar a coñecer a experiencia da navegación sustentábel na costa norte da Península, amosar as características, cultura e gastronomía de cada localidade na que se recala e atraer navegantes nacionais e internacionais, promovendo un modo diferente de facer o Camiño de Santiago.

Nesta X edición de El Camino a Vela celébrase unha década de navegación compartida, espiritualidade e turismo azul responsábel. Así mesmo, este ano móstrase na súa faceta máis solidaria, a colaboración coa campaña A vela contra la ELA, co obxectivo de recadar fondos para mellorar a vida de quen padecen esta enfermidade.

Partiron o pasado 6 de xuño de La Rochelle (Francia) estando prevista a súa chegada a Santiago de Compostela o vindeiro 1 de xullo.

A súa estadía en Barbanza Arousa correspóndese cunha das etapas finais desta peregrinación xacobea, que está permitindo aos seus participantes coñecer de primeira man parte do patrimonio, cultura e gastronomía do destino.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.