“No país da auga” – Xulio Xiz

21 Abril 2025

Sabémonos habitantes dun país bañado por dous mares e tanta auga debaixo do chan que pisamos que en canto perforamos é difícil que non se atope o caudal desexado. E os ríos que a percorren pastoreados moitos deles polo Miño, son o noso maior signo externo de riqueza.

Teñen tan marcado estes rios o seu natural itinerario, que semella imposible que se desborden e, fóra das enchentes da miña Terra Chá e algunhas arroutadas do Miño polas beiras do Balneario coidamos estar libres de accidentes, ben porque os nosos ceos sexan clementes, polas canles amplas, e porque aquí a ninguén se lle ocorrería – nin llo permitirían – construír un edificio no lugar onde pasou un río ou pode pasar.

A choiva do venres pola tarde podemos entendela como un aviso de que non estamos libres de que a auga compañeira se desmande e nos atope tan inermes como diante calquera outra catástrofe natural, e aínda que esta sexa máis previsible ca outras, os seus efectos son totalmente incontrolables.

Que o modesto Rato, días pasados tranquilo compañeiro dos centos de lucenses que cada día camiñan a súa beira, esténdese os seus dominios moito máis aló das pacíficas posesións invernais, fai que se fale da limpeza da canle, e os que viven na súa contorna agardan que se teña en conta este toque de atención dunha natureza á que habitualmente non temos moi en conta.

Normalmente, temos a choiva como unha bendición que logra os verdores aos que estamos afeitos. O do venres pasado foi unha desmesura, prevista e avisada. Se os avisos, ás veces, parecen infundados, temos que afacernos a respectalos escrupulosamente e, no caso de dúbida, poñernos sempre no peor.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...