O PP propón no Senado que o Goberno adopte un plan de choque ante a falta de remuda xeracional no mundo do mar

30 Xuño 2025

O O portavoz do Grupo Popular no Senado na Comisión de Pesca, Manuel Ruiz Rivas, deu conta en Celeiro das iniciativas presentadas -algunha xa aprobada- na Cámara Alta a favor dos traballadores e do sector pesqueiro, tal e como nos comprometemos cos representantes do sector pesqueiro lucense nunha visita recente á Mariña”, dixo, engadindo que a remuda xeracional, a formación adaptada ás características do sector e a necesidade de aplicar exencións fiscais para os tripulantes de buques españois en augas internacionais son algunhas das reivindicacións do sector que os populares defenden no Senado.

Ruiz Rivas apuntou que “o relevo xeracional é un dos principais retos do sector pesqueiro” á vista da “desaparición de embarcacións activas” ou que “os menores de 30 anos non chegan ao 10% das tripulacións” debido á falta de atractivos para que os mozos e mozas queiran saír ao mar. “Esta situación pon en risco o futuro do sector e da soberanía alimentaria”, advirte o popular.

A falta de estabilidade contractual, as condicións máis vantaxosas para a tripulación española de bandeiras foráneas, as dificultades na homologación de títulos e de recursos para a formación obrigatoria ou a adquisición dunha embarcación e dunha licencia, condicionan o relevo xeracional.

O popular propón que “o Goberno de Sánchez presente un plan de choque para dar resposta aos problemas que motiva a falta de relevo xeracional no mundo do mar”. Así, apuntou Ruiz Rivas, polo menos, que inclúa incentivos económicos e fiscais para atraer aos mozos e mozas; reforzar a formación facilitando a homologación e flexibilizando a obtención de títulos; mellorar as condicións laborais no mar modernizando a frota, dignificando o traballo e dando visibilidade e prestixio ao sector.

O portavoz de Pesca do Grupo Popular no Senado afondou nas dificultades para atopar tripulantes e, máis especialmente, para cargos de mando en ponte e máquina.

“A formación é esencial e de gran calidade en España, pero non se adapta ás características do sector” e, polo tanto, dende o Grupo Popular propoñen “adoptar medidas para que o alumnado de ensinanzas náuticas se incorporen á pesca como, por exemplo, revisando coa participación do sector as condicións para a obtención de títulos -facilitando a formación dual, regrada e online aproveitando as estancias en terra, adaptando as prácticas á experiencia xa adquirida e poñendo en marcha novos cursos de adaptación e capacitación de novas atribucións-”, dixo.

O portavoz de Pesca do PP no Senado tamén engadiu a necesidade de dar axilidade na homologación de títulos de países asinantes de convenios internacionais e unha nova sinatura de convenios; así como traballar coa UE para a homologación de normas e títulos de forma automática; ditar instrucións para a unificación, simplificación e axilidade das toma de decisións por parte das Capitanías Marítimas e excluír calquera pretensión de redución da xornada laboral no sector do mar sen aplicar medidas acordes ás peculiaridades da pesca.

Ruiz explicou tamén que esta mesma semana o Grupo Popular logrou sacar adiante -coa abstención do PSOE- unha iniciativa para instar ao Goberno de Sánchez a ampliar a exención tributaria do IRPF dos primeiros 60.100 euros aos tripulantes españois que traballen en buques de bandeira española que faenan fóra das augas españolas.

O obxectivo, ademais de estimular o relevo xeracional, é o de “evitar a fuga de talento toda vez que os tripulantes enrolados en empresas pesqueiras españolas con buques de bandeira española non poden desfrutar na actualidade deses beneficios cando si é posible para os que faenan en buques de bandeira estranxeira, que aforran entre 30.000 e 35.000 euros anuais”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...