O Consello da Cultura Galega inaugura a súa colaboración co Concello de Ribeira cunha xornada sobre os oficios do mar

30 Xuño 2025

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, presentou o primeiro dos actos que levará cabo o Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello no marco do protocolo asinado o pasado 19 de xuño de 2025. Pérez Barral comunicou que esta xornada, “e a primeira da colaboración mutua entre as entidades pero a nosa previsión é ter unha programación conxunta de actividades culturais e formativas nas áreas de historia, lingua, literatura, ciencias sociais, etc”.

Tamén haberá espazo para cursos, publicacións, conferencias, concertos e coloquios de interese mutuo, intercambio de publicacións, traballos de investigación, intercambio e colaboración de todo tipo de proxectos culturais de interese común, elaboración, edición e distribución de materiais didácticos, de divulgación, formativos e recuperación de fondos documentais.

O rexedor sinalou que a xornada consistirá nunha serie de relatorios que se levarán a cabo o vindeiro xoves día 3 de xullo no Centro Cultural Lustres Rivas a partir das 16:30 horas. “Con estes relatorios o que pretendemos é poñer en valor a cultura e a historia mariñeira do noso municipio”, sinalou o rexedor.

O programa abordará cinco relatorios con cinco profesionais por tema; o primeiro comezará ás 16:45 horas co título Os oficios do mar na cultura marítima no que intervirá Lino Lema Bouzas, do Padroado do Museo do Pobo Galego; ás 17:15 horas será a quen da de A protección do patrimonio cultural

inmaterial na Lei de patrimonio cultural de Galicia con Manuel Chaín Pérez da Xunta de Galicia; ás 17:45 horas A carpintaría de ribeira, ben de interese cultural con Gerardo Triñanes Fernández, membro da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira; ás 18:15 horas comezará A salvagarda do oficio de redeira con Rosa María Pardo Campaña, redeira, presidenta da Asociación de Redeiras do Cerco de Portosín, e para finalizar; ás 18:45 horas, haberá unha mesa de debate co título A salvagarda dos oficios do mar, patrimonio cultural inmaterial en Galicia que moderará Guadalupe Jiménez Esquinas, antropóloga da Universidade de Santiago de Compostela.

O alcalde tamén falou da importancia da descentralización das institucións “para poder achegar a cultura a toda a poboación”, e matizou que “sabemos que o Consello da Cultura Galega é unha institución –como marca o propio Estatuto de Autonomía de Galicia– que vela polo patrimonio do noso país. Dende o Concello de Ribeira estamos moi satisfeitos de que a primeira xornada sexa unha relacionada co ámbito do mar”. Informou que o Concello “seguirá colaborando con esta institución ao longo dos vindeiros meses e nos próximos anos”.

Para rematar resaltou a oportunidade que é para Ribeira este protocolo de colaboración “para sumar unha programación cultural de nivel con expertos que nos podan falar de temas moi diversos e neste caso; que mellor que principiar falando da historia mariñeira de Ribeira”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.