A Xunta impulsa a construción de vivenda pública en Vilagarcía cun novo edificio en Marxión

30 Xuño 2025

O Consello da Xunta tomou razón hoxe da aceptación da cesión gratuíta dunha parcela situada en Marxión, ofrecida polo Concello de Vilagarcía, co obxectivo de construír un edificio de dez vivendas públicas. Esta actuación será executada a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia.

A parcela cedida conta cunha superficie de 675 metros cadrados, e permitirá dar un novo paso no compromiso do Goberno galego de duplicar o parque público de vivenda na comunidade de aquí a 2028.

A Xunta licitará proximamente o contrato para a redacción do proxecto e a dirección das obras, avanzando así na planificación desta nova promoción de vivenda protexida.

Este proxecto en Vilagarcía inscríbese na Estratexia galega de solo residencial, coa que a Xunta, en colaboración cos concellos, pretende facilitar solo urbanizable para a construción de 25.000 vivendas, das cales 20.000 serán protexidas.

Ademais, en paralelo, a Administración autonómica está a analizar as catro ofertas recibidas para a redacción do proxecto de interese autonómico que transformará o ámbito situado entre a avenida das Carolinas e as rúas Coca e Arealonga, onde se prevé a construción de 350 vivendas, das cales o 80% serán de protección pública.

Con máis de 2.200 vivendas públicas xa en marcha en cidades como Vigo, Pontevedra, A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo ou Ferrol, o Goberno galego continúa a acelerar o seu plan de ampliar o acceso á vivenda e garantir un fogar digno para a cidadanía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.