As Illas Atlánticas promoveranse este verán como destino turístico Starlight con actividades gratuítas de observación astronómica

29 Xuño 2025

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia ofrece este verán unha completa programación de actividades astronómicas co obxectivo de diversificar o seu uso público e dar a coñecer entre os seus visitantes unha parte destacada dos seus recursos naturais, como é o ceo.

Por noveno ano consecutivo, a Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía (FEGAR) dirixirá e coordinará as accións de dinamización previstas para difundir os valores que desde 2016 acreditan este espazo como destino turístico Starlight, unha programación que arrancará este martes, 1 de xullo, e se prolongará ata a primeira fin de semana de setembro. Para logralo, FEGAR contará coa colaboración e apoio loxístico do persoal do Parque Nacional no desenvolvemento das actividades, que serán gratuítas e van dirixidas a distintos sectores da poboación, incluído o público infantil.

Os destinos que contan con este selo —avalado pola UNESCO, apoiado pola Unión Astronómica Internacional, a Organización Mundial de Turismo e outorgado pola Fundación Starlight— son “lugares visitábeis que gozan de condicións óptimas para a contemplación dos ceos estrelados e que, ao estar protexidos da contaminación luminosa, resultan moi axeitados para as actividades turísticas centradas neste recurso”.

Neste sentido, a programación astronómica prevista nas Illas Atlánticas inclúe observacións tanto diúrnas como nocturnas durante as que se porá á disposición das persoas participantes material óptico de última xeración e equipos electrónicos.

En concreto, durante a quenda de mañá as accións levaranse a cabo entre as 13,30 e as 14,00 horas e centraranse na observación solar co fin de achegar aos asistentes ao seu funcionamento interno e á importancia que ten na meteoroloxía planetaria así como a súa estreita relación co ciclo da vida terrestre.

A observación astronómica en sentido estrito desenvolverase polas noites, de 23,30 a 01,30 horas, con charlas a cargo de expertos nas que se afondará nos veciños estelares máis próximos, nos calendarios astronómicos que empregaban as civilizacións antigas ou na información que nos aporta a luz que achegan.

A maiores realizaranse unha serie de actividades de exploración de corpos celestes dirixidas a nenos así como de observación de meteoritos, incluíndo a chuvia de estrelas fugaces das Perseidas de agosto —cuxo pico máximo se agarda entre os días 9 e 12— e para as que están programadas actividades simultáneas en Cíes e en Ons.

Faro da illa de Sálvora, no concello de Ribeira

A programación chegará aos catro arquipélagos aínda que a oferta concentrarase en Cíes, onde se realizarán actividades do 1 ao 31 de agosto e o 6 e 7 de setembro, e en Ons, con quendas diarias durante todo o mes de xullo, e do 9 ao 12 de agosto. As accións en Cortegada e en Sálvora serán puntuais, con dúas charlas o 2 e o 8 de agosto, no primeiro caso, e unha prevista para o sábado 16 de agosto no segundo.

Os interesados en participar nalgunha destas actividades gratuítas deberán inscribirse previamente nas casetas de información das illas e os grupos organizaranse in situ, dependendo sempre das condicións meteorolóxicas, polo que o calendario previsto pode ser susceptíbel de sufrir alteracións que serán previamente comunicadas.

Destino Starlight desde 2016

Cómpre lembrar que o Parque Nacional das Illas Atlánticas é destino Starlight desde o ano 2016, de aí a importancia de actividades coma estas, que buscan difundir os valores do ceo nocturno do arquipélago e promover a observación das estrelas desde as illas.

Ademais, a finais de 2015 tamén recibiu a Carta Europea de Turismo Sustentábel (CETS) en recoñecemento ao seu compromiso activo cunha actividade turística de calidade. As accións de observación e divulgación astronómica programadas para xullo, agosto e setembro enmárcanse nos obxectivos da CETS, que busca mellorar a calidade da oferta turística do parque, facéndoa compatíbel coa conservación dos seus valores naturais.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...