Catro feridos ao chocar unha lancha contra unha batea en Boiro

30 Xuño 2025

Catro persoas resultaron feridas este luns tras chocar a lancha na que navegaban contra unha batea na ría de Arousa, fronte á costa de O Chazo, en Boiro.

O sinistro produciuse ao redor das 18:30 horas, segundo informou o 112 Galicia, tras recibir a chamada dun particular que alertou do impacto. Na súa comunicación, indicou que unha das persoas implicadas sangraba pola boca e outra manifestaba dores nas costas, polo que se lles recomendou permanecer inmóbiles ata a chegada dos servizos de emerxencia.

Os catro feridos, que eran os únicos ocupantes da embarcación, foron finalmente evacuados e trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde están a ser atendidos.

Tras o aviso, activouse un amplo operativo no que participaron Salvamento Marítimo —que mobilizou o helicóptero Pesca I—, así como Protección Civil de Boiro e efectivos da Garda Civil.

Polo momento, investíganse as circunstancias do accidente, ocorrido nunha zona con alta concentración de plataformas de cultivo de mexillón, habituais na ría.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O importante é chegar”. Loís Celeiro

“O importante é chegar”. Loís Celeiro

Chegou á estación de Renfe coa metade da lingua fóra da boca, tan fóra que a punta daquela lingua calada mollaba e ensuciaba o nó da garabata, que lucía as cores do arco da vella. Antes de suar aquela fermosa prenda de vestir arroupaba a elegancia dun home feito e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.