O Concello de Outes ofrece á veciñanza tres obradoiros para mellorar a súa saúde

09 Novembro 2026

O Concello de Outes compartiu detalles sobre o seu programa para o fomento de hábitos de vida saudábeis, que vai acoller actividades destinadas a fomentar a calidade de vida entre a veciñanza, a súa autonomía e, tamén, o seu apoderamento,

O programa inclúe tres actividades que se van desenvolver este mes de novembro na Casa da Cultura de Outes e máis na Piscina Municipal.

A primeira cita será o 21 de novembro, e consistirá nun obradoiro de hixiene postural, impartido polo fisioterapeuta Jacobo Vilas. Desenvolverase en horario de 18.00 a 19.00 horas na Casa da Cultura de Outes. As prazas serán limitadas, e as inscricións pódense facer no teléfono 981 850 165.

A segunda sesión será Hábitos saudábeis na menopausa. Celebrarase na Casa da Cultura de Outes e será impartida por Jessica Maneiro, matrona do Centro de Saúde de Outes. Desenvolverase o xoves 26 de novembro en horario de 12.00 a 13.00 horas. As prazas tamén serán limitadas. As inscricións pódense facer no teléfono 981 850 165.

Para rematar, o persoal da Área de Deportes do Concello de Outes impartirá un obradoiro de hixiene postural, o sábado 28 de novembro en horario de 11.30 a 12.30 horas, na Piscina Municipal. As prazas tamén serán limitadas. As inscricións pódense facer no teléfono 981 850 165.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.