Espectáculo náutico na ría de Muros e Noia na segunda xornada da Regata Ramiro Carregal Rey

29 Xuño 2025

O veleiro de Víctor Carrión non deu opcións ao resto da frota e recupera para Ribeira o Gran Trofeo Faro de Corrubedo

Foto: Juan Caballero

A ría de Muros e Noia foi o escenario dunha vibrante segunda xornada da XXV Regata Ramiro Carregal Rey, organizada polo Real Club Náutico Portosín coa colaboración do Club Náutico Deportivo Ribeira. O evento, que rende homenaxe ao empresario galego Ramiro Carregal Rey, ofreceu un espectáculo inigualable este domingo, tras unha xornada inicial marcada por condicións máis esixentes.

A diferenza do sábado, no que só o Bon III e o Peperetes-Nortemar lograron completar a travesía costeira dentro do tempo establecido, o domingo ofreceu dúas intensas mangas ao vento, tipo barlovento-sotavento, con percorridos de 8 millas náuticas cada unha. O vento do noroeste, con intensidades entre 8 e 12 nós, volveu demostrar por que a ría é coñecida como “Ventosín”, brindando condicións ideais para a competición.

Dominio do Bon III

Na División Regata, o Bon III, patroneado por Víctor Carrión e representando ao Club Náutico Punta Lagoa, foi o gran protagonista ao impoñerse nas tres probas disputadas. Este rendemento impecable permitiu ao equipo recuperar para Ribeira o Gran Trofeo Faro de Corrubedo, reservado ao mellor clasificado dun club do sur de Galicia.

Seguiulle de preto o Peperetes-Nortemar, de José Manuel Millán (Real Club de Regatas de Galicia – Vilagarcía), con tres meritorios segundos postos. Completou o podio o Siradella, do Real Club Náutico Portosín, armado por Francisco Gude e César Álvarez, que asinou dous terceiros e que o ano pasado proclamouse campión galego nesta mesma cita.

Éxito nas demais categorías

Na clase Cruceiro/Regata, a vitoria foi para o Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro (RCN Sanxenxo), seguido do Mauritania, de Manuel Ángel Rey (CN Arousa Norte), e do Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, tamén do club arousán.

Pola súa banda, a clase Cruceiro tivo pleno protagonismo local. O Bacor, de Javier Villaamil, alzouse co primeiro posto, seguido do Escora, de Miguel Reboreda, e o O Montaraz, de José Carlos Costas. Os tres veleiros pertencen ao Real Club Náutico Portosín, anfitrión do evento.

Clausura con sabor institucional

A entrega de premios celebrouse nun ambiente de camaradería e orgullo deportivo, presidida polo homenaxeado Ramiro Carregal Rey, acompañado de destacadas autoridades como María do Ferreiro (Delegada Territorial da Xunta de Galicia), Carlos Lorenzo (concelleiro de Deportes de Porto do Son), Fernando Abraldes (concelleiro de Mar de Ribeira), e representantes dos clubs organizadores e do sector pesqueiro local.

Cun balance moi positivo e unha participación de alto nivel, a Regata Ramiro Carregal Rey reafirma o seu prestixio no calendario náutico galego, consolidándose como un referente da vela en Galicia.

Foto: Juan Caballero

A entrega de premios estivo presidida por Ramiro Carregal Rey, acompañado pola Delegada Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, María do Ferreiro; o concelleiro de deportes do Concello de Porto do Son, Carlos Lorenzo; o concelleiro de Mar,
do Concello de Ribeira, Fernando Abraldes; o Comodoro do Real de Portosín,
Miguel Reboreda; o presidente do Náutico de Riveira, José Luís Torres Colomer; o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Portosín, Isaac Gaciño; e membros da Xunta Directica do Club portosinense.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.