O Concello de Ribeira alerta sobre perfís falsos que suplantan servizos de transporte público en redes sociais

30 Xuño 2025

O Concello de Ribeira, a través do concelleiro de novas tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta, informou á cidadanía da detección de perfís falsos na rede social Facebook que estarían a suplantar a identidade de servizos de transporte público en distintos concellos galegos. Esta información foi trasladada ao Concello polo Servizo de Vixilancia Dixital, que advirte de que estes perfís están a difundir mensaxes e imaxes cunha suposta oferta dunha tarxeta de transporte por 2 €, coa promesa de realizar viaxes ilimitadas durante seis meses.

Francisco Suárez-Puerta engadiu que “estes anuncios inclúen ligazóns maliciosas que supoñen un risco para a seguridade dos usuarios” e que “dende o Concello de Ribeira queremos poñer esta situación en coñecemento da veciñanza e lembramos a importancia de contrastar sempre a información a través de fontes oficiais”.

Así mesmo, engadiu, ” recomendamos consultar unicamente as canles institucionais e os procedementos lexítimos establecidos polas administracións e empresas responsábeis do servizo de transporte. A prevención e a concienciación cidadá son, nestes casos, a mellor defensa fronte a este tipo de fraudes dixitais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.