A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha a campaña estival Quincenas Fantásticas, unha iniciativa que busca dinamizar o consumo local durante o verán e premiar aos clientes que aposten polo comercio de proximidade.

A campaña desenvolverase entre o 1 de xullo e o 3 de agosto, e permitirá participar en dous sorteos quincenais de bonos de compra por valor de 500 euros cada un, simplemente por mercar en calquera dos negocios asociados á ABE e rexistrar o tícket ou factura na web da entidade: www.abe.gal.
Datas clave
Tíckets rexistrados entre o 1 e o 15 de xullo >> sorteo o 17 de xullo
Tíckets rexistrados entre o 16 de xullo e o 3 de agosto >> sorteo o 4 de agosto
Premios por quincena
1 bono de 250 €
1 bono de 150 €
1 bono de 100 €
Os premios entregaranse en Bonos ABE, que só poderán utilizarse nos establecementos asociados. O listado de negocios participantes está dispoñíbel na web da patronal, www.abe.gal.
Daniel García, presidente da ABE explicou que esta acción busca “recoñecer e incentivar o compromiso da veciñanza co tecido comercial local, especialmente nunha época tan importante como o verán”. E que “iniciativas coma esta axudan a reactivar a economía local e a reforzar os vínculos entre clientes e establecementos”.
A campaña esta co-financiada pola Xunta de Galicia.



