SEA adxudica parcelas nos parques de Cee, Muros e Vimianzo a Lidl, Gadisa e Proxectos Climáticos de Galicia

30 Xuño 2025

A sociedade estatal Solo Empresarial do Atlántico (SEA) celebrou este 30 de xuño unha xunta de accionistas e, a continuación, un consello de administración nos que participaron a conselleira e directora económica financeira de SEPES, Belén Medina Cierco (por delegación de Leire
Iglesias, directora xeneral de SEPES e presidenta de SEA); o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Xunta de Galicia, Nicolás Vázquez; o secretario xeral da Delegación de Gobierno en Galicia, Alberto de la Fuente; e a xerente de SEA, Beatriz Sestayo. Entre os puntos do día, destaca a aprobación das contas anuais (2024), lanzando un resultado positivo de 319 057 euros. O exercicio 2024 “segue así o roteiro dos anos precedentes, non só polo resultado senón tamén polos avances no seu desenvolvemento, mantendo a capacidade de autofinanciamento con fondos propios e a liquidez, a pesar dos novos investimentos e a previsión nos que aínda están por comezar”, comentaron os participantes na reunión.

Durante a reunión, adxudicáronse varias parcelas ás compañías Lidl, Gadisa e Proxectos Climáticos de Galicia. No caso de Lidl Supermercados, adquire no parque empresarial de Cee unha parcela de 7304 metros cadrados. Gadisa, a través da sociedade patrimonial Bens Inmobles Corporativos Atlánticos, compra sete parcelas no parque empresarial de Muros cun total de 4949,93 metros cadrados; e Proxectos Climáticos de Galicia, empresa especializada en frío industrial, faise coa propiedade de 952,21 metros cadrados no polígono de Vimianzo.

Por outra banda, aprobouse o Protocolo para a Prevención e Actuación fronte ao acoso no ámbito laboral, co que desde SEA queren incidir na tolerancia cero a todo tipo de condutas contrarias á liberdade sexual e a integridade moral, especialmente nos casos de acoso sexual e/ou acoso por razón de sexo. “Ao adoptar este protocolo, queremos mostrar a nosa sensibilización fronte a calquera tipo de acoso en calquera das súas manifestacións”, conclúe Sestayo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.