Este domingo, San Pedro e San Pablo, continuaremos baixo a influencia do anticiclón, o que favorecerá unha xornada de tempo xeralmente estable. As primeiras horas do día estarán marcadas pola presenza de brétemas costeiras no litoral e bancos de néboa no interior, que se disiparán progresivamente co avance da mañá.
A partir do mediodía, os ceos permanecerán despexados en boa parte da comunidade, aínda que se agarda a formación de nubes de evolución nas zonas do interior, especialmente en áreas montañosas, onde non se descarta algún chuvasco illado a última hora da tarde.
As temperaturas manteranse sen cambios significativos, cun ambiente agradable propio desta época do ano.(30-34 graos)
O vento soprará de compoñente norte, será frouxo en terra, con réxime de brisas costeiras pola tarde, e intervalos de intensidade moderada no extremo norte da comunidade.

O noso mar; Vento do noroeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá e 2 a 4 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.



