O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo unha reunión co delegado especial da Axencia Tributaria (AEAT) en Galicia, Miguel Cárcaba para abordar a solicitude da administración estatal relativa ao funcionamento de bases de vixilancia aduaneira...
Belén do Campo supervisa os traballos de eliminación de especies exóticas na lagoa de Louro
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Pilar Arias, visitou este mércores 15 de abril os traballos realizados na lagoa de Louro (Muros) incluídos dentro das actuacións...
A Deputación destina preto de 800 000 euros para financiar o persoal de 54 oficinas de turismo
A Deputación da Coruña concedeu definitivamente o programa de subvencións DP0029/2026. Esta liña de axudas, impulsada polo Servizo de Promoción e Desenvolvemento Turístico, permitirá que un total de 54 concellos e agrupacións locais da provincia conten con...
A Xunta inviste 650.000 € en melloras nos portos de Muros e Esteiro
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, anunciou que vai investir este ano 650.000 euros en melloras nos portos muradáns de Muros e Esteiro. Así o comunicou a conselleira este xoves 9 de abril, Marta Villaverde, nunha visita á dársena na que informou das...
O Concello de Muros remata as obras de saneamento na marxe esquerda da parroquia de Serres
O Concello de Muros informa do inminente remate da obra de saneamento na marxe esquerda de Serres, unha actuación clave para mellorar este servizo público. Os traballos realizados consistiron na instalación dun colector de saneamento que recolle as acometidas de augas...
O BNG esixe “medidas claras” para garantir o futuro do marisqueo ante unha situación “límite”
A nacionalista Rosana Pérez, deputada da Pobra, vén de presentar unha proposición non de lei para o seu debate no Parlamento de Galiza relativa ás medidas anunciadas pola Xunta para a recuperación dos bancos marisqueiros afectados polos temporais deste inverno....
O Xeito representa en Noia este sábado “O Mestre” de Xosé Agrelo
Este sábado 11 de abril temos teatro no Coliseo Noela de Noia: unha peza enmarcada nas Xornadas de Memoria Histórica que organiza o Concello. Trátase de O Mestre, da Asociación Cultural O Xeito (Esteiro), con texto de Xosé Agrelo Hermo, escritor, profesor e editor...
Muros pon a punto as súas zonas verdes tras os temporais do inverno
O Concello de Muros leva semanas desenvolvendo traballos de mantemento e acondicionamento nas súas zonas verdes, logo dun inverno marcado por fortes temporais e intensas precipitacións. As actuacións, impulsadas pola Concellería de Obras e Servizos, centráronse en...
Muros achega visitas guiadas esta Semana Santa para coñecer o seu entorno natural e histórico
O Concello de Muros está a completar as actividades litúrxicas da Semana Santa local con accións de lecer e culturais destinadas a impulsar o turismo. O programa inclúe visitas guiadas de Semana Santa no concello de Muros, organizadas pola Concellería de Turismo....
O Concello de Muros realiza traballos de mantemento en Ventín
O Concello de Muros continuou estes días avanzando co plan de mantemento das zonas verdes, actuando nesta ocasión na área recreativa de Ventín. Dende a Concellería de Obras e Servizos, dirixida pola concelleira Laura Rivadeneira, leváronse a cabo nestes días tarefas...
En Esteiro, o Concello acondicionou zonas verdes e áreas recreativas
Nos últimos días, as brigadas municipais do Concello de Muros levaron a cabo labores de mantemento nas zonas verdes de Esteiro, actuando no paseo fluvial do río Riomaior, nas áreas recreativas da Alameda e do Artón, e en Parameán. Estes traballos centráronse...
O Concello de Muros realiza traballos de mantemento en Agro Vello
O Concello de Muros continuou nas xornadas previas á Semana Santa coas accións programadas no plan de mantemento das zonas verdes, actuando nesta ocasión na área de lecer de Agro Vello, en Tal. Dende a Concellería de Obras e Servizos, dirixida pola concelleira Laura...
A presentación de “Rapants Club” fixo vibrar o Multiusos de Sar
O Rapants Club xa é unha realidade. O Multiusos Fontes do Sar acolleu na noite deste sábado 28 de marzo a estrea ao vivo do novo disco da banda muradá. O público (case 6.000 persoas) encheu o recinto para escoitar e cantar, por primeira vez, as 12 cancións do cuarto...
SEA adxudica parcelas nos parques empresariais de Muros e Vimianzo
A sociedade estatal Solo Empresarial do Atlántico (SEA) celebrou na mañá deste 27 de marzo o seu Consello de Administración, no que se abordaron os principais asuntos de xestión e planificación da entidade. Durante a sesión, aprobouse a formulación das contas anuais...
A Deputación afonda dende Muros no desafío de implicar á mocidade nas programacións culturais
A Deputación da Coruña celebrou este xoves, 26 de marzo, en Muros, a segunda xornada técnica da Rede Cultural, centrada na análise e mellora das políticas culturais públicas, cun enfoque específico no papel da mocidade. O encontro tivo lugar no Auditorio do Centro...
O Concello de Muros realiza unha campaña intensiva de limpeza das praias
A Concellería de Obras e Servizos de Muros informa á veciñanza de que, tras un inverno marcado polos temporais, os areais do concello víronse afectados pola chegada de residuos arrastrados polo mar. “Por este motivo, estamos a levar a cabo labores intensivas de...
As obras da rúa Real de Muros avanzan a moi bo ritmo e non afectarán ás procesións de Semana Santa
As obras de humanización e renovación dos servizos públicos da rúa Real de Muros avanzan a moi bo ritmo e xa están na súa última fase, segundo confirmou este mércores 25 de marzo o equipo do Goberno local. As concelleiras de Obras e Servizos e de Seguridade Cidadá,...
En Muros (este xoves), a mocidade toma a palabra da man da Deputación
A Deputación da Coruña celebrará este xoves 26 de marzo en Muros, a segunda xornada técnica da Rede Cultural, centrada na análise e mellora das políticas culturais públicas, cun enfoque específico no papel da mocidade. O encontro, que terá lugar no Auditorio do Centro...
Muros presenta a súa Semana Santa 2026 cun programa que combina tradición, relixiosidade e atractivo turístico
A concellaría de Cultura e Turismo e a Asociación Semana Santa Muradana presentaron este martes 24 de marzo a programación da Semana Santa Muradana 2026, unha das citas máis destacadas do calendario cultural e relixioso do municipio, que combina tradición,...
Comeza a conta atrás para o V Trail Cova da Bruxa
O V Trail Cova da Bruxa, organizado polo Club Serres Runners coa colaboración do Concello de Muros, celebrarase esta próxima fin de semana (sábado 28 e domingo 29 de marzo). “O Cova da Bruxa chega a esta quinta edición convertido xa nun dos trail de referencia en...
A Deputación impulsa en Muros un foro sobre mocidade creativa e xeitos de impulsala
A deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, presentou este luns 23 de marzo no Museo do Mar de Muros o 2.º Foro de Traballo da Rede Cultural. O evento, centrado na relación entre cultura e mocidade, celebrarase este 26 de marzo ás 16.00 horas...
O Concello de Muros remata as obras de mellora integral no camiño de Cuchariños
O Concello de Muros informou do remate das obras no camiño de Cuchariños, en Louro. Durante unha visita á zona, membros do Goberno local comprobaron a necesidade de actuar nun treito que permanecía sen acondicionar, polo que se procedeu á mellora integral do camiño....
A comunidade educativa da UIE recolle máis de 350 quilos de lixos mariños na praia muradá de Ventín
Limpar as praias de lixos mariños é o obxectivo do proxecto medioambiental Plancton, organizado pola Afundación en colaboración con máis de 40 persoas voluntarias pertencentes á comunidade educativa da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) que se...
A Área de Cultura da Deputación impulsa dez presentacións do documental “Basal”, incluídas paradas en Boiro e Muros
A Área de Cultura da Deputación da Coruña prepara unha rolda de dez presentacións do documental Basal, un traballo con guión e dirección da cantautora Ugia Pedreira e realizado por Óscar Górriz, responsábel tamén da realización, dirección de fotografía e montaxe. O...
Os mariscadores de Noia retiran 12 toneladas de bivalvos mortos nunha ría afectada por unha mortaldade masiva
Os mariscadores da Confraría de Pescadores de Noia e da agrupación de marisqueo a pé recolleron este mércores preto de 12 toneladas de bivalvos mortos na ría de Muros e Noia, nunha nova xornada marcada pola elevada mortaldade provocada polas borrascas deste inverno....
Estudantes e profesores da Universidade Intercontinental da Empresa retirarán lixos mariños na praia de Ventín (Muros)
Máis de corenta estudantes e profesores da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE) participarán este próximo venres 20 de marzo na praia muradá de Ventín nunha gran limpeza de residuos mariños organizada por Afundación no marco do programa PLANCTON. Hai dous...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“O auto da Audiencia Nacional non pon remate ao proceso da traxedia do Villa de Pitanxo”. Antón Luaces
Un auto dictado polo Tribunal Supremo desestima os recursos de queixa presentados por familiares dos finados no naufraxio do arrastreiro de Marín "Villa de Pitanxo" contra a decisión da Audiencia Nacional de denegar a interposición dun recurso de casación co que...
“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago
Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a...
“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans
Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...
“Jesús Vázquez Paz, no Teleclub de Pígara” – Xulio Xiz
Jesús Vázquez Paz Despedimos a Jesus Vázquez Paz, de longa e froitosa vida ao servizo da Igrexa, da Cultura e dos chairegos, que naceu no Buriz e ao Buriz volve para que repousen os seus restos mortais. Fun amigo daquel crego/monitor do TC de Pígara, hai case 60 anos,...
“Fumadora empedernida, italiana e excomisaria de Pesca: morreu Emma Bonino”. Antón Luaces
Foi o venres cando Emma Bonino abandoou este mundo aos 78 anos, deixando nel un ronsel de loita feminista, de fumadora, de convencida de que o sector pesqueiro comunitario tiña moito que aprender da historia pesqueira de Galicia ao tempo que os galegos daban un paso...


























