O Concello de Muros segue estes días traballando no mantemento e acondicionamento dos espazos públicos do termo municipal.
Nesta ocasión realizáronse labores de limpeza e roza na área recreativa de Ventín e nos accesos á praia, en Abelleira, uns traballos executados pola empresa local Hábitat.

Como vimos anunciando nas últimas semanas, continuamos desenvolvendo un plan de mantemento das zonas verdes e dos espazos públicos para que a veciñanza poida desfrutar deles nas mellores condicións.

“O noso concello conta cun territorio moi amplo e, aínda que o persoal municipal realiza un gran traballo día a día, nalgúns casos é necesario reforzar os medios propios coa colaboración de empresas especializadas para poder chegar a máis lugares e actuar con maior axilidade”, explicou a concelleira de Obras e Servizos, Laura Rivadeneira.
Seguimos avanzando para manter os nosos espazos públicos limpos, coidados e preparados para o desfrute de veciñas e veciños.



