As XXI Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar” xa teñen cartel

19 Maio 2026

O Concello de Muros deu a coñecer o fallo do xurado do concurso de carteis das XXI Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”, unha edición na que se destacou especialmente o gran nivel das propostas presentadas, segundo confirmou o xurado do certame.

O cartel gañador desta edición foi a obra titulada Se che gusta a festa e o mar non esquezas vir a Muros Mira ao Mar, realizada por Noa Fernández Lestón, alumna de 3º curso do CEIP Ramón de Artaza e Malvárez.

O resto de obras premiadas foron as seguintes:

Premio entidades que traballan con colectivos con diversidade funcional: Non fala do mar, vive a tradición e nace o sabor, realizado polas persoas usuarias do centro de Valadares de ADISBISMUR.

Premio Educación Infantil: Os golfiños, realizado por todo o alumnado de 4º curso do CEIP Ramón de Artaza e Malvárez.

Premio 1º ciclo de Educación Primaria: Mar, de Avril Rama Rodríguez, alumna de 2º curso do CEIP Ricardo Tobío.

Premio 2º ciclo de Educación Primaria: Se che gusta a festa e o mar non esquezas vir a Muros Mira ao Mar, de Noa Fernández Lestón, alumna de 3º curso do CEIP Ramón de Artaza e Malvárez.

Premio 3º ciclo de Educación Primaria: En Muros sempre xogamos, pero máis bailamos, de Candela Lestón Fernández e Leire Santiago Luaces, alumnas de 5º curso do CEIP Ramón de Artaza e Malvárez.

Premio Educación Secundaria: A redeira, de Lúa Lago Lago, alumna de 1º da ESO do IES As Insuas.

O xurado concedeu ademais dúas mencións especiais aos traballos Onde a lingua se fai salitre, realizado por Jorge Fernández, Carlos Figeuroa e Alejandro Cambeiro, alumnos de 6º curso do CEIP Ramón de Artaza e Malvárez, e Arenisca, de Sara Lourenzo Castro, alumna de 3º curso do CEIP Ramón de Artaza e Malvárez.

O concurso de carteis forma parte das actividades previas das XXI Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.