Concello de Muros executa melloras na rede de saneamento na Costa de Baño

11 Maio 2026

A Brigada de Obras do Concello de Muros está a executar unha actuación de mellora do saneamento na Costa de Baño, financiada integramente con fondos propios municipais.

Os traballos consistiron na substitución de 70 metros de tubaxe de gres por unha nova condución de PVC, co obxectivo de mellorar o funcionamento da rede de saneamento nesta zona.

A actuación inclúe tamén a construción de tres arquetas de rexistro para facilitar a supervisión ante posibles atascos.

Durante os últimos días realizouse a apertura da vía ao longo de todo o tramo para localizar e retirar a antiga tubaxe, proceder á instalación da nova condución e efectuar posteriormente o peche da gabia.

A concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, destaca que “seguimos traballando ao longo de todo o ano para mellorar o saneamento nas distintas parroquias e núcleos do concello, realizando actuacións que permiten modernizar as infraestruturas públicas e ofrecer un mellor servizo á veciñanza”.

A alcaldesa, María Lago, engade que este tipo de intervencións “son fundamentais para garantir o correcto funcionamento da rede e evitar problemas futuros”.

“O saneamento é desde 2023 unha prioridade estratéxica para o goberno local de Muros”, lembra María Lago, “con dous millóns de euros xa investidos neste servizo público, tan importante ademais para o sector marisqueiro”.

Agora, na Costa de Baño será necesario deixar pasar un período de tempo para permitir o asentamento natural do terreo antes de acometer a reposición definitiva do firme da estrada, que se executará nos próximos días.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.