Merca No Teu Comercio arranca en Muros e Outes

01 Xuño 2026

A campaña Merca no teu Comercio arranca en Muros e Outes. Entre o 1 e o 15 de xuño de 2026 desenvolverase nos ditos concellos esta iniciativa publicitaria/promocional da Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia.

O obxectivo desta actuación, que comprende 40 campañas (10 por provincia) e 114 localidades en toda a Comunidade Autónoma galega, é estimular as vendas nos municipios rurais galegos, achegar aos clientes aos  comercios de proximidade, e dinamizar o sector. Na provincia de A Coruña celebraranse 10 actuacións, englobando 28 localidades ata o mes de outubro, e repartindo un total de 10.000 euros en premios.

Poderán participar nesta campaña de Merca no teu Comercio todos os clientes que realicen compras nos establecementos retallistas de Muros e Outes, nas datas da campaña (do 1 ao 15 de xuño de 2026).

Deben facelo rexistrando directamente a súa compra na web da localidade correspondente (Muros e Outes) a través de calquera dispositivo electrónico: móbil, tableta ou ordenador. A participación pode ser rexistrada tamén polo comerciante, se o desexa, a través da mesma plataforma, onde se pode introducir directamente a operación de compra dos clientes, duplicando deste xeito as súas opcións de gañar.

Entre os participantes nesta campaña sortearanse 1.000 euros, distribuídos en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberán ser empregadas para volver a mercar nos comercios de proximidade das respectivas localidades. O sorteo realizarase o 16 de xuño, e o luns 22 de xuño terá lugar a entrega dos premios aos afortunados no Curro da Praza de Muros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.