Muros acolle esta fin de semana a proxección de “Michael”, o “biopic” sobre a vida de Michael Jackson

08 Maio 2026

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle esta fin de semana a proxección de Michael, o biopic que retrata a vida e legado de Michael Jackson, unha das figuras máis relevantes da música a nivel internacional.

A película ofrece un percorrido pola traxectoria do artista, desde os seus inicios como membro dos Jackson Five ata a súa consolidación como estrela mundial, amosando tanto a súa evolución artística como aspectos da súa vida persoal. O filme combina momentos íntimos co recordo dalgunhas das actuacións máis icónicas da súa carreira.

As proxeccións terán lugar o venres 8 de maio ás 20.30 horas, o sábado 9 de maio en dúas sesións, ás 18.00 e ás 20.30 horas, e o domingo 10 de maio tamén en dobre sesión, ás 17.00 e ás 19.30 horas.

A concelleira de Cultura do Concello de Muros, Caridad González, destacou o interese desta proposta: “Seguimos apostando por unha programación cinematográfica variada e atractiva, que achegue ao público tanto grandes producións actuais como historias que forman parte da memoria colectiva”.

As entradas están dispoñíbeis na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...