Muros ultima os detalles da celebración local do Orgullo: o domingo 14 e o venres 19

11 Xuño 2026

O Concello de Muros, a través da Concellería de Muller e Igualdade, organiza dúas actividades abertas á veciñanza co gallo da celebración do Día Internacional do Orgullo LGBT, unha data para reivindicar os dereitos, a liberdade e a dignidade de todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual ou identidade de xénero.

O domingo 14 de xuño, ás 11:30 horas, no Artón (Esteiro), celebrarase o obradoiro As nosas bandeiras, no que as persoas participantes poderán elaborar colgantes pintados a man inspirados nas diferentes bandeiras que representan a diversidade LGBT.

Polo que respecta ao venres 19 de xuño, ás 19:30 horas, na Antiga Fábrica de Sal, celebrarase o coloquio Historias trans no pasado da Galiza, impartido por Daniela Ferrández, investigadora e divulgadora cunha ampla traxectoria no estudo e recuperación destas realidades historicamente invisibilizadas.

A concelleira de Muller e Igualdade, Maruxa Martínez, destacou que “o Orgullo é moito máis ca unha celebración. É unha oportunidade para comprender porque existe esta data, para coñecer a historia das quen tiveron que loitar por dereitos que hoxe consideramos básicos e para reflexionar sobre os desafíos que aínda persisten. Coñecer estas realidades axúdanos a construír unha sociedade máis respectuosa, diversa e inclusiva. Tomar conciencia do mundo no que vivimos é fundamental para seguir avanzando en igualdade e para que ningunha persoa teña que sufrir discriminación por ser quen é”.

Desde o Concello de Muros animan “a toda a veciñanza a participar nestas actividades, que combinan creación, coñecemento e reflexión, e que servirán para seguir preparando unha celebración do Orgullo baseada no respecto, na diversidade e nos dereitos humanos”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.