Aberta a inscrición para os postos externos da feira Muros Mira ao Mar edición 2026

08 Maio 2026

O Concello de Muros abriu o prazo de inscrición para participar no Mercado Mariñeiro Tradicional “Muros Mira ao Mar” 2026 para aqueles postos externos que non pertenzan ao termo municipal.

O mercado celebrarase os días 10, 11 e 12 de xullo en distintas rúas e prazas da vila, no marco das XXI Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”, recreando o ambiente dun mercado tradicional galego de temática mariñeira.

Poderán participar postos de artesanía, gastronomía, produtos naturais, antigüidades e outras propostas relacionadas coa filosofía do evento. A organización valorará especialmente aqueles postos vinculados á cultura mariñeira e que contribúan á ambientación e dinamización do mercado.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa solicitude a través do formulario dispoñíbel en culturactiva.org antes do 22 de maio de 2026.

As bases completas e toda a información relativa ás condicións de participación poden consultarse na normativa publicada pola organización.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...