O Concello de Muros solicita a desafectación do paseo marítimo a Portos de Galicia “para mellorar este espazo público”

26 Maio 2026

O Goberno municipal de Muros levará ao pleno ordinario deste xoves, 28 de maio, a solicitude formal de desafectación da zona do paseo marítimo do Concello ante Portos de Galicia.

Trátase dunha petición motivada pola situación actual do paseo marítimo, que, segundo fixo saber a alcaldesa María Lago, “presenta un estado de conservación deficiente e require actuacións importantes de mellora e acondicionamento”.

“Na actualidade, o Concello está asumindo de maneira continuada o mantemento ordinario da zona, que inclúe a limpeza do espazo, podas, conservación das zonas verdes e pequenas actuacións de mantemento e coidado”, explica a alcaldesa de Muros, María Lago.

“Porén, ao non ser unha titularidade municipal, o Concello non pode executar unha actuación integral de reforma ou renovación do paseo marítimo, malia ser a administración que na práctica se encarga do seu mantemento diario”, engade.

Ademais, Portos de Galicia cobra unha taxa anual ao Concello de Muros pola ocupación deste espazo, a pesar dos custos que xa asume a administración local para a súa conservación.

Nos últimos meses, mantivéronse conversas informais con Portos de Galicia sobre esta situación, nas que xa se abordou a posibilidade de iniciar o procedemento de desafectación.

“Desde o Concello consideramos que esta é a vía máis lóxica e beneficiosa para poder actuar de maneira directa, planificada e integral sobre o paseo marítimo, garantindo un mellor estado de conservación e un mellor servizo para a veciñanza e para as persoas visitantes”, apunta María Lago.

Deste xeito, o obxectivo da solicitude é que “o espazo poida pasar a ser plenamente xestionado polo Concello de Muros, permitindo impulsar futuras actuacións de mellora e recuperación do paseo marítimo”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.