Os nosos concellos están a mostrar estes días o seu apoio a Ucraína fronte a invasión rusa. Este martes primeiro de marzo o Concello de Noia iluminou a fachada da Casa Consistorial coas cores azul e amarela, recreando deste xeito a bandeira do país azoutado estes días...
O colectivo Noia Limpa recolle máis de 5.100 cabichas na saída organizada o pasado sábado polo centro da vila
O colectivo Noia Limpa realizou este pasado sábado unha recollida de cabichas e residuos de cigarros polas rúas da vila de Noia na que se recolleron 5.150 cabichas. Na saída participaron un total de 20 persoas, que percorreron as rúas da vila en cinco grupos de...
O Entroido de Noia culminará o Mércores de Cinza do Enterro da Sardiña, que xa se pode ver exposta na Praza de Abastos
O Entroido de Noia comezou esta fin de semana con forza e todo indica a que o listón seguirá ben alto até o mércores 2 de marzo, que será cando culmine a axenda de actividades cun dos acontecementos máis sobranceiros e agardados: o Enterro da Sardiña. O Concello...
O Concello de Noia remata as obras de ampliación e mellora da rúa Sameiro
O Concello de Noia informou do remate, esta semana, das obras desenvolvidas co inicio do novo ano na rúa Sameiro. Procedeuse á ampliación de dita rúa, que une Ramón Álvarez de la Braña coa rúa Calzada. Dende o Consistorio sinalan que se trataba dunha actuación moi...
Brión, Muros e Noia piden unha Asemblea da Mancomunidade Serra do Barbanza
As corporacións de Brión, Muros e Noia veñen de aprobar, na última semana, unha propostapara que o presidente da mancomunidade Serra do Barbanza, convoque unha asemblea co finde solicitar formalmente a axuda da Deputación da Coruña no desenvolvemento do seumodelo de...
O colectivo Noia Limpa organiza este sábado unha recollida de cabichas polo centro da vila
O colectivo Noia Limpa organiza este sábado unha recollida de cabichas e residuos de cigarros polas rúas da vila de Noia. A saída de limpeza, que ten tamén o obxectivo de concienciar sobre a importancia de depositar os restos do tabaco nos recipientes axeitados...
O novo PIE de Amicos persegue a inserción laboral dun centenar de persoas desempregadas
Amicos celebrou este xoves 24 de febreiro a presentación da segunda convocatoria do Programa Integrado de Emprego (PIE) no Auditorio Municipal de Ribeira. Este ano, segundo fixo saber a asociación comarcal a prol das persoas con diversidades funcionais e cognitivas,...
Presentada a sétima edición de Os 100 do Barbanza: a máis esixente de cantas se teñen realizado
A Casa da Cultura Santeiros de Chave, en Portobravo (Lousame), acolleu este mércores 23 a presentación da sétima edición da proba Os 100 do Barbanza, un dos grandes eventos deportivos da tempada, non só a nivel comarcal, senón tamén galego e estatal. Xuntando forzas...
Noia institucionalizará a celebración do Día de Rosalía
O BNG de Noia vén de recoller a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para institucionalizar nos concellos a celebración do día de Rosalía cada 23 de febreiro. A raíz da convite público da AELG de institucionalizar o día de Rosalía,...
Os socialistas de Noia instan a incrementar a limpeza nos espazos naturais do concello e sensibilizar sobre o seu coidado
O Grupo Municipal Socialista de Noia rexistrou para o seu debate en pleno unha moción dirixida a incrementar a limpeza nas contornas naturais e favorecer a sensibilización social no que respecta ao seu coidado. Os socialistas fan saber que no concello de Noia, pola...
En Noia o salón de plenos do Consistorio é obxecto de melloras
O Concello de Noia informou do inicio dos traballos para mellorar e acondicionar o salón de plenos do Consistorio, dirixidos a solucionar os problemas de humidades existentes, á reparación de gretas e ao pintado do mesmo. Estas melloras súmanse á recente renovación...
Noia celebra o Entroido cun photocall-concurso para a rapazada, obradoiros infantís e o Enterro da Sardiña
Na mañá deste luns 21 de febreiro as concelleiras Laura Salgado e Beatriz Rosende presentaron a programación do Entroido 2022 en Noia, unha axenda festiva que achegará actividades entre o venres 25 e o mércores 2 de marzo. Segundo avanzaron, unha das accións estrela...
A Xunta achegará 210.000 euros para a rehabilitación e a reforma enerxética dos Xulgados de Noia
Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta, visitou Noia na mañá deste luns 21 de febreiro, co obxectivo de informar traballos para rehabilitar e mellorar enerxeticamente o edificio dos Xulgados locais, un proxecto incluído no Plan Especial de Protección e...
José Ramón Romero, Sandra González e Zaida Rey incorpóranse á executiva provincial do PSOE en representación da comarca
A nova executiva provincial dos socialistas conta coa representación de tres políticos da comarca ocupando amais cargos de responsabilidade. Trátase do alcalde de Boiro, José Ramón Romero, Martiño; a concelleira de Noia e deputada provincial Sandra González; e Zaida...
A Audiencia condena a catro anos e medio de presión a un acusado de golpear ao seu veciño en Noia
A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a catro anos e medio de cárcere a un acusado de golpear nunha perna ao seu veciño cunha barra de ferro. Os feitos sucederon en Noia en 2018. O tribunal considera acreditado que ambos discutiron e que a...
O PP salienta “o importante aforro enerxético” que supuxeron as obras feitas en Noia con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental
A deputada do Grupo Popular Ana Belén García Vidal salientou hoxe no Parlamento galego as actuaciónsrealizadas en Noia con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, “que suporán un importante aforro enerxético, así como unha maior salubridade da...
The Croods 2, este domingo no Coliseo Noela
Este domingo 20 de febreiro proxectarase en Noia un filme para a rapazada: The Croods 2: A New Age . Será ás 18:00 no Coliseo Noela. Trátase dunha película apta para todos os nenos e nenas maiores de 3 anos. Para asistir cómpre enviar un correo electrónico solicitando...
Xuventude e Política Lingüística activan en Noia a 11ª edición de Lingua de namorar
A directora xeral Xuventude, Cristina Pichel, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron este 15 de febreiro unha nova edición do certame Lingua de namorar, concurso de declaracións de amor en galego para dinamizar o seu uso entre a...
O Noia derruba a resistencia de Mengíbar e logra unha vitoria que vale dobre (3-1)
Se a que a dinámica de vitorias noiesas continúa (e xa van 12 seguidas en Liga, 14 entre todas as competicións) co 3-1 contra un rochoso Software DELSOL Mengíbar úneselle que os inmediatos perseguidores na clasificación non suman de tres, a consecuencia é que o Noia...
O futuro da reciclaxe a debate en Noia
O edificio noiés do Antigo Matadoiro completou a súa capacidade no acto organizado polo BNG no que se debateu o futuro da reciclaxe. As persoas a cargo das intervencións nun primeiro termo foron César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, e Manuel...
BNG e Confrarías, con preocupación pola situación en San Fins
A deputada do BNG Rosana Pérez mantivo unha reunión coas máximas autoridades das confrarías de Noia e Portosín, Santiago Cruz e Isaac Gaciño. Na xuntanza tamén estiveron presentes representantes do BNG comarcal, así como a bióloga e o secretario do pósito noiés,...
Portos inviste 750.000 euros na mellora dos peiraos flotantes do Freixo e Noia
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, fixo balance do investimento a prol da mellora dos peiraos flotantes de Outes e Noia. Segundo fixo saber, véñense de destinar 750.000 euros nas actuacións de mellora integral nas estruturas de Testal, no municipio...
Atopan ósos na zona onde apareceron restos dos mozos desaparecidos na ría de Muros e Noia en 2020
Uns mariñeiros que faenaban este venres na costa de Porto do Son localizaron uns ósos que, segundo os primeiros indicios, poderían ser humanos. A zona do achado está a un quilómetro aproximadamente do punto no que se atoparon restos óseos dun dos dous mozos...
O PSOE urxe ao Goberno galego a dar cumprimento ao acordo para ampliar a Rede Natura
O PSOE de Galicia, a través do deputado Pablo Arangüena, urxiu ao Goberno galego a “dar cumprimento ao acordo parlamentario adoptado en maio do ano pasado, a instancias do PSdG, para rematar a ampliación e revisión da Rede Natura no prazo máis breve”. Nesta rede, como...
As nosas lonxas dixitalízanse grazas a SIVSA e o proxecto Primare da AMTEGA
A compañía viguesa de solucións informáticas SIVSA, debullou a pasada semana os detalles da implantación en 35 lonxas galegas dun novo sistema de poxa e comercialización que permite modernizar e dixitalizar os seus procesos como parte do Programa Primare, comezado en...
Noia Histórica mergulla ao comercio local nas claves da mercadotecnia dixital e o comercio electrónico
A Asociación Noia Histórica organiza esta tempada unha actividade de formación tecnolóxica que serve de complemento perfecto á súa plataforma de comercio electrónico: o marketplace Vadetiendas. Trátase dun curso presencial sobre mercadotecnia (marketing) dixital...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“José María Fonseca Moretón, el vino como bandera y Galicia en el corazón”. Javier García Sánchez
Los caldos gallegos alcanzaron en él la máximadimensión mundial llegando a mercadosinsospechados. Solo a un genio como él se le pudo ocurrirconvocar un concurso de cartelismo para dar aconocer el caldo que contienen las botellas deTerras Gauda. De este modo evocaba a...
“El verdadero líder”. Alberto Barciela
El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...
“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces
Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas características, constatan que se...
“Leire”. Xulio Xiz
Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...
«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva
Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...



























