O San Marcos e a Feira Cabalar de Noia recuperan o seu formato tradicional

11 Abril 2022

Coa volta á normalidade trala crise da COVID, a actividade festiva e cultural da comarca retoma o seu pulso. Un exemplo é o San Marcos de Noia, cuxo programa xenérico foi presentado polo presidente da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, Xacobe Pérez, e o concelleiro de Cultura, José Pérez, quen puxeron o foco (entre outras cousas) na Feira Cabalar, “un evento único” no que poderemos ver in situ os exemplares equinos máis destacados da nosa terra ou, tamén, participar na ruta xacobea- cabalar Portus Apostoli (terceira edición, en formato aberto para todos os seareiros dos cabalos).

A feira vén este ano con 4.000 euros en premios para distribuír nas súas diversas modalidades (case medio cento de categorías, incluída unha para nenas e nenos). O cartaz deste ano foi elaborado polo noiés David Fernández Fornís. A cita equina (organizada pola dita asociación) será o vindeiro 25 de abril, a xeito de culminación das festas de San Marcos que comezan o venres 22. A celebración, segundo fixo saber o edil de Cultura, virá cunha completa axenda de actividades, alén das estritamente relacionadas co mundo equino. Así, destacou a celebración dunha mostra de maquinaria agrícola (o 25), as verbenas amenizadas polas orquestras París de Noia, New York e Marbella ou os concertos de The Vacas (o día 22) e Dr. Queen (homenaxe a Queen). Tamén está prevista unha gran foliada que recupere o formato multitudinario previo á crise da COVID, cando chegaron a xuntarse arredor de 200 gaiteiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...