“Crónicas ribeirenses: O Panesillo” – Antón Luaces

29 Novembro 2026

Pasado Fontán (xa nas aforas de Ribeira, camiño de Castiñeiras) hai unha rocha que sempre chamou a miña atención e da que nunca souben se partira por algún fenómeno natural ou rompera por algunha circunstancia allea. Falo da popularmente pedra coñecida polo nome de “O Panesillo” (O Panciño?) que ten a forma dun boliño de pan e sobresae entre outras rochas na pedreira que da continuidade ás praias que conforman a costa desde a Pedra Pateira ata Aguiño.

Son innumerábeis as rochas ou pedras de grande tamaño que, coma bodoques, adornan esta cenefa fermosísima da costa norte da ría de Arousa. E non hai unha explicación convincente que diga o por que do abrupto desta costa arousán case sempre en calma no que atinxe ao mar e que aviva cando zoa o  vento do nordés. 

“O Panesillo”, na fala (que se vai perdendo) de Ribeira, ergue a súa figura omnipotente como reclamo da cativada por esa súa especial e poderosa figura gris que desafía ao paseante porque este non atopa unha explicación lóxica a esa forma de boliño de pan partido para lle “comer” o cornecho e como se un coitelo debuxara os “cortes” que tamén figuran no lombo do pan. Un panciño forneado ao sol de xullo de quen sabe canto anos atrás.

Moitas foron as ocasións nas que, cos amigos de Bandaurrío, nos bañamos na praia do “Panesillo”, incómoda para nadar pola inmensa cantidade de pedras que alí hai pero moi axeitada para se desprender, homes e mulleres, da roupa e, con tranquilidade, poñer ou quitar o traxe de baño. Fai de “caseta” e facilita sombra para quen non  quere ou non pode estar durante moito tempo ao sol.

Outros artigos

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...

+

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...