O programa da Semana Santa de Noia vén este ano con oito procesións

30 Marzo 2022

Este martes 29 de marzo a Casa Parroquial de Noia acolleu a presentación das actividades relixiosas e culturais previstas este ano na axenda da Semana Santa local. Segundo fixeron saber, a festividade contará con 8 procesións, incluída, o mércores santo pola noite, a do Cristo da Misericordia.

Á presentación asistiron o párroco, José Ortoño, o alcalde, Santiago Freire, a concelleira Laura Salgado e representantes das distintas confrarías que forman a Semana Santa noiesa.

-8 de abril. Venres de Dolores

20.00 horas. Misa solemne na honra da Virxe dos Dolores. Procesión.

-10 de abril. Domingo de Ramos

12.00 Bendición de Ramos no Cantón e Procesión da Borriquita.

12.45 Procesión do Ecce Homo (saída de San Francisco). Pregón en San Martiño e regreso.

-13 de abril. Mércores Santo

21.30 Vía Crucis. Procesión do Cristo da Misericordia.

-14 de abril. Xoves Santo

20.00 Celebración da Cea do Señor, con lavatorio de pés. Procesión das Carracas.

-15 de abril. Venres Santo

10.30 Santo Encontro no Curro. Procesión.

20.00 Celebración da Paixón. Desencravo. Procesión do Santo Enterro.

16 de abril. Sábado Santo

22.00 Vixilia Pascual (San Martiño e San Francisco)

17 de abril. Domingo de Pascua

11.00 Procesión do resucitado. Saída da Capela de San Bernardo até San Martiño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...