BNG reclama a reposición das liñas transporte escolar eliminadas en Outes e conectar bus público Noia-Muros cos IES

25 Marzo 2022

O BNG reclamou á Xunta no Parlamento galego que repoña de inmediato as liñas de transporte escolar que existían antes da entrada en vigor -o pasado 10 de xaneiro- do novo contrato coa empresa Monbus nos lugares de Tarás, Coiradas, Entíns e Cuns, no concello de Outes, así como a facilitar que a liña de autobús público Noia-Muros adapte os seus horarios á entrada e saída dos Institutos de Educación Secundaria (IES) de Noia e que son centros educativos de referencia para gran parte dos mozos e mozas de Outes e da parroquia muradá de Esteiro.

Nunha proposición non de lei defendida ante a comisión parlamentaria de Educación, a deputada nacionalista Rosana Pérez advertiu que os nenos e nenas de varios lugares de Outes veñen de asistir á desaparición de distintos servizos, entre eles, o do transporte escolar, de vital importancia para nas zonas rurais e que, segundo remarcou, “volve ser considerado pola Xunta como unha vía de redución de custos e de aforro económico sen ter en conta os graves problemas que crea a súa desaparición ou a súa redución”.

Neste sentido, sinalou á supresión da liña que comunica os lugares de Tarás, Coiradas e Entíns co IES Poeta Añón e cuxas crianzas quedan, xunto ás de Cuns, sen un autobús escolas nunha liña que a Consellería de Educación fixa agora dende o lugar de Cando, a 4 Km de Cuns. “Por un lado, deixan sen autobuses escolares e sen liña regular a Cuns, de xeito paradoxal candidata a aldea modelo en 2019, e, por outro, obriga a un desprazamento de 4 Km ata a parada máis próxima”, reprochou.

Por riba, para a deputada nacionalista, o que debería ser a liña lóxica Cuns-Cando-Pontenafonso-Ribademar-IES Poeta Añón acabou convertido nun circuíto entre Cando, Pontenafonso e Ribademar para dar a volta na entrada da serra e subir a Tarás-Coiradas-Entíns-IES, “o que está a provocar que nenos e nenas de 12 anos teñan que facer un percorrido de case unha hora para chegar ao centro educativo cando este está situado a escasos 5 Km”.

Pérez tamén advertiu que esta política de recortes se estende de igual xeito a outros concellos da comarca, como ao de Muros, onde rapaces e rapazas da parroquia de Esteiro que cursan e teñen como referencia os IES de Noia, se atopan con que as liñas habituais de Monbus non son compatibles cos horarios destes centros.

Ao seu xuízo, estase a producir non só un agravio comparativo entre o alumnado -que neste último caso se vería na obriga de chegar con case unha hora de antelación á entrada nos IES e de agardar o mesmo tempo á saída para poder empregar o transporte público-, senón tamén á exclusión destes mozos e mozas das vantaxes da tarxeta xoven, “o que mesmo provoca que nalgúns casos as nais teñan que deixar os seus traballos para achegar aos seus fillos e fillas a unha oferta educativa que nin está sendo próxima nin é igualitaria no seu acceso”. Pese aos argumentos da deputada nacionalista, a iniciativa non prosperou polo veto do PP.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.