Evacuado un tripulante tras sufrir un incidente nunha embarcación en Noia

28 Marzo 2022

O tripulante dunha embarcación resultou ferido de diversa consideración tras verse implicado nun incidente cando se atopaba nas inmediacións da praia de Testal, no concello de Noia, na Coruña. De acordo coas indicacións do particular que chamou ao 112 Galicia para comunicar o suceso, o ferido foi arrastrado por un cabo e necesitaba asistencia médica urxente.

Os xestores do 112 tiveron constancia dos feitos ao fío das 12:15 horas da mañá de hoxe. Axiña, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informouse da situación aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mesmo valoraron enviar a aeronave medicalizada, ata que comprobaron que o estado do ferido permitía a súa evacuación en ambulancia.

Nada máis ter constancia da chamada do particular, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do persoal de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia. Ademais, para prestar apoio ao equipo médico, avisouse aos membros do GES de Noia, aos axentes da Garda Civil e á Policía Local.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.